Navegación por
Categoría: f.carballo

HOMILÍA FUNERAL EN SALAMANCA

HOMILÍA FUNERAL EN SALAMANCA

O día 1 de decembro de 2014, concelebraron a homilía funeral polo falecemento do presbítero ilustrado de Maceda, no megacentro que a Congregación da Misión Vicente de Paúl ten en Santa Marta de Tormes, perto da cidade de Salamanca. A mediados dos anos 60, Francisco Carballo deixou Barakaldo pra asumir un novo reto como reitor do teologado dos Paúles en Salamanca, ao abeiro do arrecendo do Concilio Vaticano II, onde procurou abrir fiestras aos novos teólogos que tanto as demandaban….

Ler máis Ler máis

AO ABEIRO DOS SETE ANOS DO SEU PASAMENTO

AO ABEIRO DOS SETE ANOS DO SEU PASAMENTO

O 29 de novembro de 2014, Francisco Carballo -como diría o seu amigo Xosé Luís Méndez Ferrín- pasou á outra banda do esquezo. Deixábanos con 89 anos lonxe da súa Galiza, aínda que en terras coñecidas, habitadas e pateadas [en Salamanca estivera dende 1965 até 1973 como reitor do teologado de Santa Marta de Tormes]. Regresou alí -xa moi magoado- ao abrollar o 2014 [ao que unha enfermeira que o coidaba nos dixo que “era o cemiterio de elefantes dos…

Ler máis Ler máis

LEMBRANZA POLO PASAMENTO

LEMBRANZA POLO PASAMENTO

Xosé Manuel González Pérez, profesor lucense que a finais dos anos 70 traballou no staff do semanario A Nosa Terra, fixo unha lembranza sobre Francisco Carballo no Facebook o 29 de novembro de 2014, xusto o día no que finou en Salamanca con 89 anos de idade. Rescatou o telegráfico texto Xan Carballa, pasóunolo e vulgarizámolo na bitácora. Beizón!: “Rexo sempre, sorriso e voz de labrego cando viña pola redacción compostelá do semanario A Nosa Terra, na República del El…

Ler máis Ler máis

FRANCISCO CARBALLO, UN DOS IMPRESCINDÍBEIS

FRANCISCO CARBALLO, UN DOS IMPRESCINDÍBEIS

O escritor e teólogo Victorino Pérez Prieto publicou no núm. 15 de AREAL [14/10/2017], -a revista da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo de Sada-, un sentido traballo. Imos recuperar desta volta anacos salientábeis da súa loa: “Francisco Carballo, cura, historiador, intelectual, profesor e home comprometido pastoral, social e politicamente co pobo galego, foi unha das figuras fundamentais na cultura e na sociedade galega contemporánea. Incansábel promotor de iniciativas. Tamén investigador e divulgador da Igrexa e a Historia de Galiza. O…

Ler máis Ler máis

ENCONTROS NO MORRAZO

ENCONTROS NO MORRAZO

Logo da homenaxe que lle fixemos en Maceda, o 4 de agosto de 2000, que Francisco Carballo agradeceu fondamente “por vir dos que máis quero e por xestarse dende as miñas orixes”, os amigos que tiveramos a ben organizar aquel recoñecemento, decidimos manter, cando menos, un encontro anual co Paco Carballo [así lle chamaban Bieito e Celso, xunto con outra xente da súa órbita máis próxima]. Esta foto que penduramos na bitácora, datada nun restaurante do Morrazo o 5 de…

Ler máis Ler máis

QUIROGA PALACIOS, CARDEAL E TRIBUNO DE GALIZA

QUIROGA PALACIOS, CARDEAL E TRIBUNO DE GALIZA

No libro de “Conversas” [Prol / Carballa, ANT, 2002] fixémoslle a Francisco Carballo un bo feixe de preguntas sobre Quiroga Palacios. A primeira ía sobre a entrevista que tivera con el no pazo arcebispal en Compostela. Dous relixiosos egrexios de Maceda xuntos. Un era cardeal e o outro, naquela altura, director do colexio dos Paúles en Marín: “A entrevista debeu ser no 1957 e foi unha experiencia bonita. Eu tiña a imaxe de Quiroga que había na diocese. Dicían que…

Ler máis Ler máis