Navegación por
Categoría: f.carballo

QUIROGA PALACIOS E FRANCISCO FRANCO

QUIROGA PALACIOS E FRANCISCO FRANCO

Seguimos preguntándolle nas “Conversas” [ANT, 2002] a Francisco Carballo: Ti deches un titular moi enérxico co gallo do centenario: “Quiroga Palacios foi o verdadeiro tribuno do pobo galego perante o franquismo”, pero ao Cardeal Quiroga Palacios algúns sectores téñeno acusado de franquista. Francisco Carballo respondeu: “¿Como se explica a amizade de Fernando Quiroga con Franco malia as diferenzas tan grandes que manteñen? Non é doado. Quiroga antes do Concilio Vaticano II, antes do seu cambio tan grande, tiña unha mentalidade…

Ler máis Ler máis

A PLAUSÍBEL BEATIFICACIÓN DE QUIROGA PALACIOS…

A PLAUSÍBEL BEATIFICACIÓN DE QUIROGA PALACIOS…

No libro das “Conversas” [Prol / Carballa, ANT, 2002] fixémoslle a Francisco Carballo un bo feixe de preguntas sobre Quiroga Palacios. A primeira ía sobre a entrevista que tivera con el no pazo arcebispal de Xelmírez en Compostela. Dous relixiosos egrexios de Maceda xuntos. Un era cardeal e o outro, naquela altura, director do colexio dos Paúles en Marín: “A entrevista debeu ser no 1957 e foi unha experiencia moi agradábel. Eu tiña a imaxe de Fernando Quiroga que había…

Ler máis Ler máis

AO ABEIRO DO 50 ANIVERSARIO DO PASAMENTO DO CARDEAL QUIROGA PALACIOS

AO ABEIRO DO 50 ANIVERSARIO DO PASAMENTO DO CARDEAL QUIROGA PALACIOS

Ao empardecer decembro de 2000, ano do centenario do nacemento de Quiroga Palacios en Maceda, artellamos unha exposición na igrexa parroquial coa conivencia do cura-párroco da nosa vila, Manuel Vences. Outrosí celebramos unha mesa redonda no salón de actos da Casa do Concello. Escribimos daquela columnas sobre o Cardeal de Galiza en varios medios [A Nosa Terra, La Región, La Voz de Galicia…]. Ao abeiro do 50 aniversario da morte de Quiroga Palacios, fillo predilecto de Maceda, exhumamos a lúcida…

Ler máis Ler máis

EVOCACIÓN DO SOCIÓLOGO MONCHO RAMOS

EVOCACIÓN DO SOCIÓLOGO MONCHO RAMOS

O 16 de decembro de 2014, o sociólogo macedán Moncho Ramos Requejo imprentaba no xornal La Región unha sentida evocación sobre Francisco Carballo. Os dous compartiran experiencia docente no Colexio dos PP. Paúis en Barakaldo [a comezos dos anos 60], cando o presbítero ilustrado de Maceda estaba á fronte do novo centro [radicado no barrio de Beurko], e que el sempre considerou como o seu mellor feito histórico [Prol / Carballa, 2002]. Eis algúns parágrafos daquela misiva, que mesmo aporta…

Ler máis Ler máis

VÍDEO HOMENAXE “FRANCISCO CARBALLO, SEMPRE NO CORAZÓN”

VÍDEO HOMENAXE “FRANCISCO CARBALLO, SEMPRE NO CORAZÓN”

Para a “Homenaxe de Galiza a Francisco Carballo”, que artellamos o 27 de decembro de 2014, no salón multiusos de Maceda, e da que xa falamos noutras achegas, o amigo editor, xornalista [e prestixioso fotoxornalista] Xan Carballa fixo un entrañábel vídeo, que xa leva unha morea de visitas e que xa penduramos [e penduraremos] outras veces nesta bitácora. Que mellor lembranza, co gallo do sétimo cabodano do pasamento de Francisco Carballo, que volver ollar este singular documento audiovisual. Graciñas mil…

Ler máis Ler máis

A NAVALLA DO MANUEL

A NAVALLA DO MANUEL

A Irmandade Manuel María, o 8 de setembro de 2016, entregoulle “A navalla do Manuel” no cemiterio de Outeiro de Rei, ao ex crego Antón Gómez que ía en representación da familia e dos amigos de Francisco Carballo. A loa correra a cargo do presbítero Rubén Aramburu, amigo de Carballo nas terras do Morrazo e persoa abondo comprometida en clave Nosa. O seu discurso titulouno “Paco Carballo, a Patria feita corazón”. Desta volta, ao abeiro do sétimo cabodano do seu…

Ler máis Ler máis