O LUGAR (MATRICIAL) DE FRANCISCO CARBALLO
O 30 de novembro de 2000, F. Carballo imprentou unha singular columna na contraportada do semanario ANT que titulou “O meu lugar”. Logo, no libro das “Conversas” [Prol / Carballa, ANT, 2002], volvería incidir nas súas orixes, facendo unha salientábel radiografía persoal chea de sensibilidade, vindicación e sabedoría: “O poder mediático está a impoñer como denominación de todo núcleo poboacional menor o de “aldea”. Quedan relegados os lugares, casais, vilares… como inexistentes. Pois non. Eu son dun “lugar” da parroquia…