CARBALLO E FERRÍN
Cando artellamos a homenaxe a Francisco Carballo en Maceda, o 4 de agosto de 2000, puxémonos en contacto epistolar con Xosé Luís Méndez Ferrín para invitalo aos actos programados. Mesmo lle suxerimos tivese a ben facer unha evocación nunha das súas columnas semanais no Faro de Vigo. Sempre que lle pedimos algo nesa liña aceptou (Benigno, Gayoso, Carballo, Felos…). ¡Beizón! Aínda que non puido vir a Maceda aquel sábado, imprentou unha sentida columna (Faro, 4/VIII/2000). A relación dos dous viña…