Navegación por
Categoría: egrexios

A PENTAFOTO DE MANUEL VIDAL

A PENTAFOTO DE MANUEL VIDAL

A comezos de 2018, cando estabamos promocionando o noso libro arredor de Manuel Vidal, levámoslle un exemplar ao editor Quique Albarellos, eiquí en Compostela. Mesmo unha copia da pentafoto que nos cedera a familia Aldemira Requejo; un singular e orixinalísimo retrato de Manuel Vidal. O editor compostelán vulgarizou a foto e unha ilustrativa columna no xornal La Voz de Galicia [domingo, 11 de febreiro de 2018]. Eis o texto na súa integridade: “Hoxe imos falar dunha curiosidade fotográfica ben descoñecida….

Ler máis Ler máis

FERRÍN E VILANOVA DOS INFANTES

FERRÍN E VILANOVA DOS INFANTES

Nunha recente viaxe a Celanova e a Vilanova dos Infantes, atopamos abondosas pisadas abeiradas ao noso candidato ao Nobel de Literatura. Mesmo comprobamos o afecto e admiración que lle amosa a xente coa que contactamos alí. Tiramos do libro X. L. Méndez Ferrín de Xosé M. Salgado e Xoán M. Casado (Ed. Sotelo Blanco, 1989). Pregúntanlle os autores que significado tiña Vilanova dos Infantes [ou das Infantas] na súa infancia. Ferrín respondeu: “Ir a Vilanova era cambiar de mundo [el…

Ler máis Ler máis

MANUEL VIDAL, UN PRESBÍTERO ILUSTRADO DE MACEDA EN IMAXES

MANUEL VIDAL, UN PRESBÍTERO ILUSTRADO DE MACEDA EN IMAXES

“Autor: Santiago Prol. Edita Grupo Academia Postal, 2017. Eis o novo libro do investigador Santiago Prol en 117 imaxes e documentos sobre os lugares, a vida e a obra de Manuel Vidal Rodríguez, un polígrafo egrexio que naceu en Maceda (Ourense) en 1871 e que faleceu en Santiago de Compostela en 1941, e que mesmo merecería ser recoñecido coas Letras Galegas”. Pendurado na arañeira polo activista Juan José Pérez Ramos, mantedor de Maceda na Rede, iso é o que podemos…

Ler máis Ler máis

QUIROGA PALACIOS NO NO-DO

QUIROGA PALACIOS NO NO-DO

Atopamos varios vestixios audiovisuais de don Fernando Quiroga Palacios no NO-DO [acrónimo de Noticiarios e Documentais]. Coñecido como o Nodo, era de obrigada proxección en todas as salas de cine de España, denantes de cada película, na época do xeneral Franco e nos primeiros anos da xeira democrática. Durou o Nodo dende 1942 até 1981. Creouse [oficialmente] co fin de manter, “con impulso propio y directriz adecuada, la información cinematográfica nacional” [BOE, 22/XII/1942]… Hogano na web de RTVE dispoñemos de…

Ler máis Ler máis

ENTREVISTA A UN FELO AMIGO

ENTREVISTA A UN FELO AMIGO

Comezamos o engaiolante traballo de campo arredor do universo Felo a finais dos anos 80 do século pasado. Trinta e pico anos despois fixémoslle, no relevante libro en clave nosa “Conversas co Bieito” (Prol: 2022), publicado pola editora ourensá Difusora, varias preguntas arredor do enigma ao noso amigo Xosé Bieito Seara Formoso (páxinas 241-244 do capítulo “Vida social / O lecer”). Recuperámolas desta volta, xa que logo sintetizan aqueladamente o que hogano interpela aos Felos de Maceda. Mesmo o camiño…

Ler máis Ler máis

A FACETA MÁIS HUMANA DE BENIGNO ÁLVAREZ

A FACETA MÁIS HUMANA DE BENIGNO ÁLVAREZ

O xornalista Xosé Manoel Rodríguez fíxonos unha entrevista antes da presentación en Maceda do libro “Benigno Álvarez. Un comunista na Galiza dos anos 30” [Santiago Prol, ANT, 2008]. Apareceu publicada, o 12 de xuño de 2008, no xornal La Voz de Galicia: “O castelo de Maceda vivirá mañá unha cita longo tempo agardada: a recuperación dunha figura emblemática da comarca e da provincia que viu truncada a súa vida pola represión falanxista que trouxo consigo a guerra do 36. Na…

Ler máis Ler máis