Navegación por
Categoría: mosquera

A CASA MATRICIAL DE GARCÍA MOSQUERA EN CASTRO DE ESCUADRO

A CASA MATRICIAL DE GARCÍA MOSQUERA EN CASTRO DE ESCUADRO

Comezamos esta incursión sobre o poeta trilingüe orixinario de Castro de Escuadro, cando Bieito Seara [BNG] acadou a alcaldía de Maceda en 1995. Para trocar o rueiro con reminiscencias franquistas na nosa vila, propúxonos [o rexedor nacionalista] facer un informe sobre posíbeis fillos egrexios que fosen merecentes dunha rúa ou praza. Un deles foi don Xosé García Mosquera. Nós xa tiñamos referencias sobre este catedrático políglota que coñecía 13 linguas [latín, grego, hebreo, árabe, sanscrito, francés, inglés, alemán, castelán, portugués,…

Ler máis Ler máis

O DESCANSO DERRADEIRO DE GARCÍA MOSQUERA

O DESCANSO DERRADEIRO DE GARCÍA MOSQUERA

Xa dixemos que o poeta trilingüe don Xosé García Mosquera falecera en Ourense capital o 19 de novembro de 1868, aos 51 anos de idade. Inicialmente fora soterrado no cemiterio de San Francisco. García Mosquera tivera a ben desposarse con Ignacia Fornos López o 31 de decembro de 1857. Do seu matrimonio naceran catro fillos: Carmen, Amiano, José María e María de la Concepción Antonia. A súa muller morrería vinte e nove anos despois do pasamento do poeta oficial da…

Ler máis Ler máis

GARCÍA MOSQUERA E O PIONEIRO DA FOTOGRAFÍA EN AURIA

GARCÍA MOSQUERA E O PIONEIRO DA FOTOGRAFÍA EN AURIA

Aporta Rafael Salgado, no traballo “Comezos da fotografía en Auria”, inserido na revista Raigame [núm. 42, decembro de 2018], unha concomitancia abondo interesante vencellada co poeta oficial da cidade a mediados do século XIX [léase don Xosé García Mosquera]. No ano 1856 chega a Ourense, para cubrir a cátedra de Debuxo Lineal e Pintura, o catalán Constancio López Corona [orixinario de Girona]. Naquela altura xa estaba exercendo, con destino definitivo, don Xosé García Mosquera como catedrático de Latín e Humanidades…

Ler máis Ler máis

GARCÍA MOSQUERA EN VERSOS DE LAMAS CARVAJAL

GARCÍA MOSQUERA EN VERSOS DE LAMAS CARVAJAL

Un dos primeiros recoñecementos, logo da morte de García Mosquera [19/XI/1868], foi o do seu alumno avantaxado don Valentín Lamas Carvajal, que tivo a ben publicar en El Heraldo Gallego [3/IX/1874] o poema “NO CIMETERIO DE OURENSE. Un recordo ó inxenioso e inspirado poeta galego don Xosé García Mosquera”. A composición levaba data de agosto dese 1874. Aparecería ao ano seguinte no poemario Espiñas, follas e froles. No prólogo dese volume, feito polo propio autor, podemos ler: “Dous galegos que…

Ler máis Ler máis

EPÍGRAFES DE GARCÍA MOSQUERA

EPÍGRAFES DE GARCÍA MOSQUERA

Con só 51 anos de idade e unha saúde moi precaria nos últimos tempos, don Xosé García Mosquera, o poeta oficial da cidade de Ourense a mediados do século XIX, pasaba á outra banda do esquezo o 19 de novembro de 1868. Inicialmente fora soterrado no Cemiterio de San Francisco de Ourense. En 1903 os seus descendentes decidiron trasladar os seus restos mortais ao camposanto de Escuadro [Maceda], moi perto do seu lugar de orixe. O 12 de setembro de…

Ler máis Ler máis

XOSÉ GARCIA MOSQUERA CONSONTE CARBALLO CALERO

XOSÉ GARCIA MOSQUERA CONSONTE CARBALLO CALERO

Na pioneira Historia da Literatura Galega Contemporánea de Ricardo Carballo Calero [Galaxia, 1962], aparece o egrexio poeta trilingüe de Maceda don Xosé García Mosquera [pinchar eiquí]. No capítulo II, “O Romantismo. Precursores de Rosalía”, mesmo podemos ollar, na lámina III,  o retrato do poeta de Castro de Escuadro, xunto cos de Xoán Manuel Pintos, Marcial Valladares e Francisco Añón. Do apartado correspondente recuperamos: “Hai habilidade formal, grande cultura humanística e nobreza de expresión, nos poemas galegos que escribiu García Mosquera….

Ler máis Ler máis