QUIROGA PALACIOS NO NO-DO
Atopamos varios vestixios audiovisuais de don Fernando Quiroga Palacios no NO-DO [acrónimo de Noticiarios e Documentais]. Coñecido como o Nodo, era de obrigada proxección en todas as salas de cine de España, denantes de cada película, na época do xeneral Franco e nos primeiros anos da xeira democrática. Durou o Nodo dende 1942 até 1981. Creouse [oficialmente] co fin de manter, “con impulso propio y directriz adecuada, la información cinematográfica nacional” [BOE, 22/XII/1942]… Hogano na web de RTVE dispoñemos de…