A BATALHA DE TRINDADE NA GRAN GUERRA

A BATALHA DE TRINDADE NA GRAN GUERRA

Fonte: PGM (Por dentro da Primeira Guerra Mundial)

Atopamos na arañeira un vídeo singularmente interesante na procura de fornecer todo o que teña que ver [directa ou indirectamente] co nauta galego João da Nova. A Batalha de Trindade foi adiante entre grandes navíos transatlánticos [cruceiros readaptados e militarizados], durante a Primeira Guerra Mundial, denominada a Gran Guerra [logo viría outra máis demoledora e máis grande…].

Sucedeu o 14 de setembro de 1914 ao abeiro do territorio marítimo do Brasil [país neutral naquel intre], máis concretamente a carón da Ilha da Trindade, entre a Kaiserliche Marine xermana [co buque Cap. Trafalgar] e a Royal Navy britânica [co buque Carmania]. A vitoria decantouse a prol dos ingleses que lograron afundir o barco inimigo, con consecuencias negativas para os teutóns nos seus intereses xeoestratéxicos no Atlántico Sur naquela altura.

Un vídeo abondo didáctico dunha das batallas pouco coñecidas da Gran Guerra, que tivo lugar a carón dunha illa descuberta polo nauta galego João da Nova en 1501, que tamén librara contendas navais na costa do Malabar [na India] a comezos do século XVI: Batalla naval de Cananor e Batalla naval de Diu [“João da Nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal”, Santiago Prol, 2002]. Beizón!

Os comentarios están pechados.