UN BOSQUE TROPICAL NA DESÉRTICA ILLA ASCENSIÓN

UN BOSQUE TROPICAL NA DESÉRTICA ILLA ASCENSIÓN

Atopamos un aquelado documental de “Redfern Natural History Productions” [7´], que nos mergulla -outra volta- na transformación dunha parte da desértica Ascension Island [descuberta polo macedán João da Nova], nun bosque tropical, coa axuda da intervención humana [dende mediados do século XIX]. Nas ladeiras e cantís máis elevados da estratéxica illa sementaron plantas e árbores de moitos lugares que, naquela altura, pertencían ao Imperio Británico e a outros países abeirados e amigos. A idea pra que agromase esta singular fraga tropical partira de Charles Darwin e do seu amigo botánico Joseph Hooker, que visitaran esta árida illa en viaxes diferentes. O resultado foi do máis frutuoso, captando auga das nubes baixas e transformando unha parte salientábel da illa nunha selva tropical, coñecida hoxe como Green Mountain. Eis o documental [“Ascension Island – supplying the garrison”] sobre este ecosistema artificial, narrado en inglés coa opción de subtitulalo. ¡Graciñas mil!

Os comentarios están pechados.