RECOÑECEMENTO DO HISTORIADOR RODRÍGUEZ LAGO

RECOÑECEMENTO DO HISTORIADOR RODRÍGUEZ LAGO

A Universidade de Alcalá organizou, en abril de 2015, un evento internacional sobre “A historia relixiosa da España Contemporánea”. O invitado galego foi o historiador José Ramón Rodríguez Lago, un dos máis salientábeis especialistas na temática relixiosa do Noso País e novo referente da mesma. A súa ponencia tratou sobre a “Historia relixiosa en Galicia”. Comezou falando de tres historiadores capitais nese eido: o franciscano José García Oro, especialista na Idade Moderna; Francisco Carballo “recentemente falecido, un relixioso da congregación dos Paúis, que non só foi un dos impulsores da historiografía sobre a Igrexa dende un punto de vista valente, mesmo de profundización científica, que ademais impulsou a creación da editorial A Nosa Terra que abordou estas temáticas; outrosí o catedrático Xosé Ramón Barreiro Fernández (director das 4 teses doutorais que nos 90 e primeira década do 2000 abordaron esta temática eclesiástica). Estes tres historiadores (García Oro, Carballo e Barreiro) xa non están ou non están en condicións de asumir a produción historiográfica. Ten que ser o relevo os que asumamos esta temática…”. O vídeo dura 15 minutos e 53 segundos. De Francisco Carballo fala dende o minuto 2:11. Paga a pena escoitar integramente este documento audiovisual dun dos grandes investigadores actuais galegos, que mesmo lle ten metido o dente á enorme figura do Cardeal Quiroga Palacios (outrosí orixinario de Maceda como Francisco Carballo). Beizón!

Os comentarios están pechados.