QUIROGA PALACIOS NO NO-DO

QUIROGA PALACIOS NO NO-DO

Fonte: rtve.es

Atopamos varios vestixios audiovisuais de don Fernando Quiroga Palacios no NO-DO [acrónimo de Noticiarios e Documentais]. Coñecido como o Nodo, era de obrigada proxección en todas as salas de cine de España, denantes de cada película, na época do xeneral Franco e nos primeiros anos da xeira democrática. Durou o Nodo dende 1942 até 1981. Creouse [oficialmente] co fin de manter, “con impulso propio y directriz adecuada, la información cinematográfica nacional” [BOE, 22/XII/1942]…

Hogano na web de RTVE dispoñemos de case todos os Nodos emitidos. Nalgúns deles localizamos monográficamente ao Cardeal Quiroga Palacios. O que penduramos hoxe corresponde ao Noticiario 526B, ano XI . Fora emitido a comezos de febreiro de 1953, co gallo do nomeamento de don Fernando como cardeal e a súa triunfal entrada na cidade de Santiago de Compostela. Naquela altura o Fillo Predilecto de Maceda semellaba pletórico cunha carreira eclesiástica que poderiamos definir como meteórica: bispo de Mondoñedo-Ferrol con 46 anos, arcebispo de Compostela con 49 e Cardeal de Galicia con 53 anos. ¡Beizón!

Os comentarios están pechados.