ENCONTROS NO MORRAZO CON CARBALLO

ENCONTROS NO MORRAZO CON CARBALLO

De esquerda a dereita: Celso Sánchez, Santiago Prol, Francisco Carballo e Bieito Seara. No Morrazo, 5/V/2002. Arquivo do autor.

Logo da homenaxe que lle fixemos en Maceda o 4 de agosto de 2000, e que Francisco Carballo agradeceu fondamente “por vir dos que máis quero e por artellarse dende as miñas orixes”, os amigos que tivemos a ben organizar aquel recoñecemento, decidimos manter, cando menos un encontro anual co Paco Carballo [así lle chamaban Bieito e Celso, xunto con outra moita xente da súa órbita máis acesa]. Esta foto, datada nun restaurante do Morrazo o 5 de abril de 2002, está contextualizada nun daqueles encontros. Escoitar a Carballo sempre era un luxo, departir con el nun parladoiro ou nunha cea, sempre era un privilexio. Durante varios anos seguimos fixando unha data arredor da primavera para aqueles encontros no Morrazo. ¡Beizón!

Os comentarios están pechados.