VICENTE RISCO E A NOSA CARAUTA
No imprescindíbel volume “Geografía General del Reino de Galicia. Provincia de Orense”, de Vicente Risco [o ideólogo maior da Xeración Nós naquela altura], atopamos nas páxinas 747-48, falando de Verín e da súa contorna, parágrafos capitais a respecto do tronco común do Noso Entroido [deles tirouse posteriormente en non poucas publicacións]. Investigado e redactado a mediados dos anos 20 do século XX [abeira os 100 anos], Risco fai unha sintética radiografía da máscara hexemónica, na que aparecen nomeados os felos….