Navegación por
Categoría: f.carballo

O LIBRO DAS “CONVERSAS” PENEIRADO NA REVISTA “YUCA” (4)

O LIBRO DAS “CONVERSAS” PENEIRADO NA REVISTA “YUCA” (4)

No número 37 da revista Yuca, publicado no boletín de marzo-abril de 2004, Abel Yebra engade con verbas do propio Francisco Carballo: “Certamente, na comunidade de Paúis de Vigo, adoptamos posicións de fronteira, aínda que buscando boas relacións cos dirixentes da Congregación e da Diocese; e tivemos tensións, como tamén as tivemos co poder civil… Queriamos que a Congregación dos Paúis e o clero desen pasos cara un cristianismo moderno. Mesmo pretendemos, nalgún intre, organizarnos como colectivo independente”. Logo engade Yebra…

Ler máis Ler máis

O LIBRO DAS “CONVERSAS” PENEIRADO NA REVISTA “YUCA” (3)

O LIBRO DAS “CONVERSAS” PENEIRADO NA REVISTA “YUCA” (3)

No apartado 2.3, A persoa de Francisco Carballo, o crítico Abel Yebra engade que o presbítero ilustrado de Maceda “é o neno que nace no lugar de Celeirón [parroquia de Asadur, concello de Maceda, bispado de Ourense], que se pon a estudar seguindo os pasos do seu tío paúl, até ordenarse aos 24 anos. É o xoven soñador que, engaiolado pola vida do paúl mártir Perboyre, solicita ir de misioneiro á India. É o inquedo intelectual que gusta das matemáticas e completa…

Ler máis Ler máis

O LIBRO DAS “CONVERSAS” PENEIRADO NA REVISTA “YUCA” (2)

O LIBRO DAS “CONVERSAS” PENEIRADO NA REVISTA “YUCA” (2)

Seguimos coa primeira achega de Yuca arredor das “Conversas” [Prol / Carballa, 2002], que aparecera no número de xaneiro/febreiro de 2004. Céntrase Abel Yebra desta volta na formación do presbítero ilustrado de Maceda: “Francisco Carballo é un gran lector, polo que, ademais da cultura humanística da carreira sacerdotal e do coñecemento das principais linguas modernas, posúe unha sólida formación nos campos teolóxicos, filosóficos, históricos e sociolóxicos. No ámbito da teoloxía é un cura postconciliar. Estuda os eséxetas bíblicos e dá o paso da escolástica…

Ler máis Ler máis

O LIBRO DAS “CONVERSAS” PENEIRADO NA REVISTA “YUCA” (1)

O LIBRO DAS “CONVERSAS” PENEIRADO NA REVISTA “YUCA” (1)

En setembro de 2003, o escritor e psicólogo Abel Yebra Faba -orixinario de Valtuille de Abajo (O Bierzo)- remataba de peneirar a fondo o libro que Xan Carballa e nós mesmos artellamos co presbítero ilustrado de Maceda e que saíra publicado o ano anterior. Fixérao para o boletín informativo –bimestral- do Grupo Yuca, abandeirado por ex paúis e con sede en Hortaleza (Madrid). Sairía imprentado en 6 achegas ao longo do ano 2004. Elaborado dende unha óptica allea ao contexto…

Ler máis Ler máis

A “POPULORUM PROGRESSIO” EN GALEGO NOS MILAGRES, 1969

A “POPULORUM PROGRESSIO” EN GALEGO NOS MILAGRES, 1969

En Aproximación á Historia da Igrexa galega (1939-1975) [Encrucillada, nº 3, 1977], o historiador Francisco Carballo imprentaba que a xerarquía fora moi lenta en asumir os novos xiros da doutrina social da Igrexa, expresada por Xoán XXIII e por Paulo VI no Vaticano II. En 1969 a lectura da Populorum Progressio en galego no púlpito do Santuario dos Milagres, fora censurada polo bispo Temiño porque dicía que “lida sen contexto podía ser mal interpretada”… No libro das Conversas [Prol /…

Ler máis Ler máis

O DÍA DA PATRIA

O DÍA DA PATRIA

Imprentaba Afonso Eiré en El Correo Gallego unha columna sobre os 50 anos do Día da Patria Galega (2018). Dicía que esa denominación “seica foi idea de Bautista Álvarez, redactor das follas voandeiras (…). Pero a primeira denominación do Día da Patria, como tal, aparece en 1935 no Mitin de Arengas, celebrado na Praza da Quintana na véspera da Festa Nacional (…). En 1978 institucionalízase a manifestación e o seu remate na Quintana”. No libro das Conversas (Prol / Carballa, 2002), falamos con Francisco…

Ler máis Ler máis