¿QUE FALTOU EN MACEDA?
Fixémoslle esa pregunta a Francisco Carballo no libro das Conversas [Prol / Carballa, ANT, 2002], no primeiro capítulo dedicado á súa terra de orixe. O egrexio historiador contestou: “Denantes do 36 as aldeas estaban en eclosión pola volta dos emigrados. Espacialmente a vila de Maceda era pequena e debía estar moi amoreada. No concello había máis do dobre de habitantes que hoxe. Maceda era comercial, artesá, dos profesionais medios e dos canteiros. Había unha simbiose co campo (…). A vila…