Navegación por
Categoría: f.carballo

F. CARBALLO NA FUNDACIÓN DO BNG EN 1982

F. CARBALLO NA FUNDACIÓN DO BNG EN 1982

Pásanos Xan Carballa outro documento gráfico abondo salientábel. Nesa fotografía aparece F. Carballo o 7º pola esquerda. Imos contextualizar esa imaxe tirando da páxina 162 do libro “Conversas con Francisco Carballo” (Prol / Carballa, 2002): “Na Asamblea Constitutiva en Riazor (A Coruña, 25 e 26 de setembro de 1982) artéllase o Bloque Nacionalista Galego (BNG). F. Carballo sae elixido como membro do Consello Nacional. ¿Cal é a evolución do BNG dende ese intre?“ “A situación no ano 81-82 era de…

Ler máis Ler máis

OS PSEUDÓNIMOS DE FRANCISCO CARBALLO

OS PSEUDÓNIMOS DE FRANCISCO CARBALLO

Pásanos Xan Carballa esta foto de F. Carballo no seu despacho na redacción do semanario A Nosa Terra en Vigo, datada en abril de 1988. No libro das “Conversas” (Prol / Carballa, 2002) cóntanos que deixara imprentados naquel medio moitos artigos, editoriais nos anos 80, recensións de libros… Mesmo que entendera a función e influencia da prensa, debéndolle “horas de alegría e responsabilidade”. Outrosí que fora presidente da empresa editora (Promocións Culturais Galegas S. A.) dende 1981 até 1995. Logo…

Ler máis Ler máis

UNDÉCIMO CABODANO DE F. CARBALLO

UNDÉCIMO CABODANO DE F. CARBALLO

Recuperamos hoxe, no undécimo cabodano do pasamento de F. Carballo, o sentido texto que asinou Rosa Cal en decembro de 2014: O sábado 29 de novembro (de 2014) morreu Francisco Carballo na residencia da Orde dos PP. Paúles da que formaba parte, en Santa Marta de Tormes, nas aforas de Salamanca capital, onde, ben tratado, enxergaba a mirada cara á súa Terra. Carballo era oriúndo de Ourense e exerceu o seu oficio relixioso varias décadas en Galiza. Coñecemos a Carballo…

Ler máis Ler máis

F. CARBALLO NA EIRA DA XOANA

F. CARBALLO NA EIRA DA XOANA

Hai uns días o doutor Celso Sánchez, membro fundacional da Asociación Amigos de Francisco Carballo de Maceda, fixo unha visita á Eira da Xoana, “un Centro de Educación Ambiental e Patrimonial que, dende o medio rural e para o medio rural, achega a cidadanía galega á cultura e ao bo facer das nosas tradicións, retomando e divulgando os aspectos que fixeron que esta cultura fose sustentábel durante séculos” (www.adega.gal). Cóntanos Celso que a Eira da Xoana está na Agolada, moi…

Ler máis Ler máis

PAULO VI, O PONTÍFICE INCOMPRENDIDO

PAULO VI, O PONTÍFICE INCOMPRENDIDO

Ao longo das Conversas (ANT, 2002), Francisco Carballo falou de Paulo VI [Giovani Battista Enrico Antonio María Montini (Concesio, Lombardía, 1897 – Castel Gandolfo, 1978), papa dende xuño do 63 até o seu pasamento en agosto do 78]. Fíxoo en varias ocasións, mesmo cando peneiramos a Teoloxía da Liberación en Latinoamérica e a Igrexa que vive e se identifica cos pobres… No subcapítulo “Os papas do meu tempo” centramos máis a figura de Montini. Sabemos que a Paulo VI coñeceuno e tratouno…

Ler máis Ler máis

XOÁN XXIII, O PAPA DO CONCILIO

XOÁN XXIII, O PAPA DO CONCILIO

Xoán XXIII e Paulo VI foron os papas aos que máis querenza amosou Francisco Carballo. Hoxe imos recuperar o que o presbítero ilustrado de Maceda pensaba sobre Angelo Giuseppe Roncalli (Bérgamo, 1881 – Cidade do Vaticano, 1963), que mesmo foi papa dende outubro do 58 até o seu pasamento en xuño do 63. Nas Conversas (ANT, 2002) preguntámoslle: “Aínda que Xoán XXIII tivo un papado breve, revolucionou a Igrexa ao convocar o Concilio Vaticano II, que comezou en outubro de 1962, acadado…

Ler máis Ler máis