Navegación por
Categoría: egrexios

OS CONDES DE MACEDA, A BARCA E MUXÍA [EN BUCLE]

OS CONDES DE MACEDA, A BARCA E MUXÍA [EN BUCLE]

Xa dixemos nalgunha achega anterior que imos até Muxía todos os anos dende que residimos en Compostela. Mesmo que chama a atención ao chegar, que nos grandes carteis colocados polo concello apareza un vencello evidente con Maceda: “Santuario da Virxe da Barca. O templo deste santuario data do século XVII e garda os sepulcros dos condes de Maceda, que foron mecenas da obra”. Se damos un paseo pola vila, mesmo podemos ollar a Rúa Condes de Maceda. O mecenado e…

Ler máis Ler máis

XULIO CONDE, DISTINCIÓN AO MÉRITO DEPORTIVO 2022

XULIO CONDE, DISTINCIÓN AO MÉRITO DEPORTIVO 2022

Onte, 6 de outubro de 2022, os macedáns [e os galegos en xeral] soubemos que o presidente da Xunta de Galicia materializara a entrega da medalla e o diploma ao Mérito Deportivo a Xulio Conde. Xa Radio Maceda avanzaba o día 4 [feira] a nova. No libro “Conversas co Bieito” [Prol: 2022] reparamos varias veces en Xulio Conde. Focalizámolo como activista cultural abandeirando as Noites Folk do Castelo de Maceda. Tamén como político nomeadamente no seu compromiso en clave Nosa…

Ler máis Ler máis

BELLO PIÑEIRO ILUSTRADOR

BELLO PIÑEIRO ILUSTRADOR

Ademais dun destacado pintor, este fillo sobranceiro do Seixo [parroquia de Franza, Mugardos, 1886 – 1952], tamén fixo incursións como ilustrador, como activista político e cultural e como escritor. A imaxe que acompaña esta achega amosa a portada da novela de Manuel Vidal Rodríguez [Maceda, 1870 – Compostela, 1941], titulada “Elena de Síbaris”, que saíra do prelo en Madrid no 1912. Naquela altura Bello Piñeiro andaba moi activo pola capital do Estado. Xa en 1901, con quince anos de idade,…

Ler máis Ler máis

NADOS EN MACEDA NA WIKIPEDIA

NADOS EN MACEDA NA WIKIPEDIA

Antano quen non saía no ESPASA non existía. Hogano quen non sae na Wikipedia non existe [a escala global]. Nesta singular enciclopedia dixital libre, se tecleamos a categoría “Nados en Maceda”, neste intre van aparecer 15 nomes [4 están vivos e o resto xa pasou á outra beira]. Son todos os que están, porén, non están todos os que son. Mesmo faltan algunhas mulleres… Imos nomealos tal e como se manifestan por orde alfabético [se pinchamos nos nomes aparece o…

Ler máis Ler máis

BIEITO E OS CABACEIROS

BIEITO E OS CABACEIROS

No libro “Conversas co Bieito” [Prol, 2022, Ed. Difusora], dedicámoslle monograficamente o capítulo 6º á Agrupación Cultural Os Cabaceiros de Maceda, que el abandeirou dende comezos da década dos 80 até o remate do verán de 1986. Dende a páxina 83 até a 104 mergullámonos de vez naquela xeira cultural. Penduramos na achega de hoxe a resposta á última pregunta dese capítulo… ¿Que significou a Agrupación Cultural Os Cabaceiros nas novas xeracións de Maceda? “Comezaría dicindo que houbo bastantes presións…

Ler máis Ler máis

ENTREVISTA NO XORNAL LA REGIÓN

ENTREVISTA NO XORNAL LA REGIÓN

Co gallo da presentación do libro “Conversas co Bieito”, a xornalista Paula Palomanes, do xornal La Región de Ourense, púxose en contacto con nós pra artellar unha entrevista [o sábado das Festas das Neves en Maceda] que sairía en formato papel [na que repararemos noutra achega] e un pequeno avance dixital [2 minutos e 25 segundos] que penduraría o xornal en “youtube” [17 de agosto de 2022], cunha breve nota pra contextualizala: “Santiago Prol recolle no seu último libro, “Conversas…

Ler máis Ler máis