Navegación por
Categoría: egrexios

FILGUEIRA TAMÉN CONECTA AO REI SABIO CON MACEDA

FILGUEIRA TAMÉN CONECTA AO REI SABIO CON MACEDA

Nas páxinas 59-61 [Prol: 2009] reparamos nun dos egrexios que mellor estudou a obra literaria de Afonso X en galego. Estamos a falar de Xosé Filgueira Valverde, un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos, logo director do Instituto Padre Sarmiento e do Museo de Pontevedra. Na xeira democrática presidiu o Consello da Cultura Galega, denantes fora conselleiro de Cultura con Fernández Albor e tamén membro de número da RAG. Militante do Partido Galeguista na xeira republicana, sempre lle gorentou…

Ler máis Ler máis

AFONSO X, MACEDA E OS DA XERACIÓN NÓS

AFONSO X, MACEDA E OS DA XERACIÓN NÓS

Seguimos tirando do noso volume, desta volta pra recuperar o que escribiron [sobre Afonso X o Sabio] don Ramón e don Vicente, os dous egrexios membros da Xeración Nós, que naceran no número 21 da Rúa da Paz en Ourense. Na páxina 55 de “Nobres vencellados ao Castelo de Maceda” [Prol: 2009] inserimos: Otero Pedrayo tirou do prelo o pioneiro volume de viaxes “Guía de Galicia” [1926]. Na parte descritiva do Noso País, ao chegar a Maceda aporta: “Vila antiga,…

Ler máis Ler máis

AFONSO X E MACEDA CONSONTE O ARQUIVEIRO FERRO COUSELO

AFONSO X E MACEDA CONSONTE O ARQUIVEIRO FERRO COUSELO

Do libro citado na anterior achega, “Nobres vencellados ao Castelo de Maceda [Prol: 2009], e dentro do apartado dedicado ao Rei Sabio e a súa conexión con Maceda, exhumamos hoxe un parágrafo abondo interesante [páx. 63], que mesmo ten connotacións co noso amigo, o doutor Celso Sánchez González, hogano representante nacionalista no Concello de Maceda e persoa preocupada polas causas xustas arredor de todos Nós: “En 1996 a Asociación Cultural Maçaeda da Limia tirou do prelo unha publicación na que…

Ler máis Ler máis

AFONSO X O SABIO FOI FELIZ EN MACEDA

AFONSO X O SABIO FOI FELIZ EN MACEDA

O 23 de novembro deste 2021, cúmprense 800 anos do nacemento en Toledo de Afonso X O Sabio, un rei que fixera inmersión lingüística en Maceda [bispado de Ourense], cando abeiraba os 11 anos de idade [ca. 1232]. No volume “Nobres vencellados ao Castelo de Maceda” [Prol: 2009] inserimos un delongado capítulo que titulamos “Afonso X o Sabio. A súa conexión con Maceda”. Tempo teremos de peneiralo cumpridamente nesta bitácora. Hoxe queremos recuperar un parágrafo inserido nas páxinas 64 e…

Ler máis Ler máis

QUIROGA PALACIOS, CARDEAL E TRIBUNO DE GALIZA

QUIROGA PALACIOS, CARDEAL E TRIBUNO DE GALIZA

No libro de “Conversas” [Prol / Carballa, ANT, 2002] fixémoslle a Francisco Carballo un bo feixe de preguntas sobre Quiroga Palacios. A primeira ía sobre a entrevista que tivera con el no pazo arcebispal en Compostela. Dous relixiosos egrexios de Maceda xuntos. Un era cardeal e o outro, naquela altura, director do colexio dos Paúles en Marín: “A entrevista debeu ser no 1957 e foi unha experiencia bonita. Eu tiña a imaxe de Quiroga que había na diocese. Dicían que…

Ler máis Ler máis

17 DE AGOSTO, DÍA DA GALIZA MÁRTIR

17 DE AGOSTO, DÍA DA GALIZA MÁRTIR

Incorporamos desta volta a cantiga que o grupo A Quenlla fixo para conmemorar o Día da Galiza Mártir [incluído no álbum “Na boca unha cantiga” de 2008], cun vídeo moi evocador, mesmo con imaxes e verbas que chegan ao fondo dos corazóns das xentes de ben do Noso País. Macedáns nacionalistas do nivel de Francisco Carballo, Celso Sánchez e Bieito Seara sempre percibiron o 17 de agosto como o día da vindicación e da dignificación dos nosos caídos e represaliados…

Ler máis Ler máis