Navegación por
Categoría: cardeal

QUIROGA PALACIOS E FRANCISCO FRANCO

QUIROGA PALACIOS E FRANCISCO FRANCO

Seguimos preguntándolle nas “Conversas” [ANT, 2002] a Francisco Carballo: Ti deches un titular moi enérxico co gallo do centenario: “Quiroga Palacios foi o verdadeiro tribuno do pobo galego perante o franquismo”, pero ao Cardeal Quiroga Palacios algúns sectores téñeno acusado de franquista. Francisco Carballo respondeu: “¿Como se explica a amizade de Fernando Quiroga con Franco malia as diferenzas tan grandes que manteñen? Non é doado. Quiroga antes do Concilio Vaticano II, antes do seu cambio tan grande, tiña unha mentalidade…

Ler máis Ler máis

A PLAUSÍBEL BEATIFICACIÓN DE QUIROGA PALACIOS…

A PLAUSÍBEL BEATIFICACIÓN DE QUIROGA PALACIOS…

No libro das “Conversas” [Prol / Carballa, ANT, 2002] fixémoslle a Francisco Carballo un bo feixe de preguntas sobre Quiroga Palacios. A primeira ía sobre a entrevista que tivera con el no pazo arcebispal de Xelmírez en Compostela. Dous relixiosos egrexios de Maceda xuntos. Un era cardeal e o outro, naquela altura, director do colexio dos Paúles en Marín: “A entrevista debeu ser no 1957 e foi unha experiencia moi agradábel. Eu tiña a imaxe de Fernando Quiroga que había…

Ler máis Ler máis

AO ABEIRO DO 50 ANIVERSARIO DO PASAMENTO DO CARDEAL QUIROGA PALACIOS

AO ABEIRO DO 50 ANIVERSARIO DO PASAMENTO DO CARDEAL QUIROGA PALACIOS

Ao empardecer decembro de 2000, ano do centenario do nacemento de Quiroga Palacios en Maceda, artellamos unha exposición na igrexa parroquial coa conivencia do cura-párroco da nosa vila, Manuel Vences. Outrosí celebramos unha mesa redonda no salón de actos da Casa do Concello. Escribimos daquela columnas sobre o Cardeal de Galiza en varios medios [A Nosa Terra, La Región, La Voz de Galicia…]. Ao abeiro do 50 aniversario da morte de Quiroga Palacios, fillo predilecto de Maceda, exhumamos a lúcida…

Ler máis Ler máis

QUIROGA PALACIOS, CARDEAL E TRIBUNO DE GALIZA

QUIROGA PALACIOS, CARDEAL E TRIBUNO DE GALIZA

No libro de “Conversas” [Prol / Carballa, ANT, 2002] fixémoslle a Francisco Carballo un bo feixe de preguntas sobre Quiroga Palacios. A primeira ía sobre a entrevista que tivera con el no pazo arcebispal en Compostela. Dous relixiosos egrexios de Maceda xuntos. Un era cardeal e o outro, naquela altura, director do colexio dos Paúles en Marín: “A entrevista debeu ser no 1957 e foi unha experiencia bonita. Eu tiña a imaxe de Quiroga que había na diocese. Dicían que…

Ler máis Ler máis

O 25 DE XULLO ARREDOR DE MACEDA

O 25 DE XULLO ARREDOR DE MACEDA

Día da Patria Galega. Día de Galicia. Día do Santo Patrón das Españas. Festividade do Apóstolo Santiago… Nun só día poden entrar case todas as fasquías. Na órbita relixiosa en Maceda temos, abeirado ao 25 de xullo, ao Cardeal Quiroga Palacios, que protagonizou os Anos Santos de 1954, 1965 e 1971. Mesmo foi o impulsor iniciático do actual fenómeno Xacobeo. No plano arqueolóxico e literario temos ao presbítero ilustrado Manuel Vidal que escribiu tres libros arredor do universo Xacobeo e…

Ler máis Ler máis

QUIROGA PALACIOS, CARDEAL DE ACCIÓN

QUIROGA PALACIOS, CARDEAL DE ACCIÓN

O 21 de xaneiro de 2000 cumpríase un século do nacemento de Fernando Euloxio Quiroga Palacios en Maceda. Aquel día, en todas as edicións do xornal La Voz de Galicia, apareceu imprentada unha columna de opinión da nosa autoría que imos recuperar: “Hoxe, hai cen anos, nacía Quiroga Palacios. Na convulsa etapa republicana esbozou a imaxe dun sacerdote reflexivo, incitado pola súa química co galeguismo cultural, atestado de católicos. Tentouno en revistas da época. En Logos escribiu os máis aqueloutrados….

Ler máis Ler máis