AUDIOVISUAL ARREDOR DA AGRUPACIÓN CULTURAL OS CABACEIROS
Conforma este audiovisual [120 imaxes] un salientábel documento colectivo na historia recente de Maceda, elaborado dun xeito artesanal, moi entrañábel no fondo e tamén na forma, fermoso visualmente e cheo de sensibilidade, arredor da histórica Agrupación Cultural Os Cabaceiros e o seu contexto. Mesmo vai acompasado, como pano de fondo, co poema “Volvín á terra pro perdín o amor” de Bernardino Graña, musicado polo cantautor Suso Vaamonde [conformando unha das mellores cancións da súa traxectoria]. Fixémolo co gallo da presentación en…