Navegación por
Categoría: analepse

MUXÍA, SANTUARIO DA VIRXE DA BARCA  E OS CONDES DE MACEDA

MUXÍA, SANTUARIO DA VIRXE DA BARCA  E OS CONDES DE MACEDA

Achegámonos todos os anos até Muxía, polo menos, un par de veces. O vencello con Maceda é manifesto. Existe alí a Rúa Condes de Maceda, perto da Casa do Concello. Outrosí paneis informativos nos que se pode ler: “O templo deste santuario data do século XVII e garda os sepulcros dos Condes de Maceda, que foron mecenas da obra”. En Nobres vencellados ao Castelo de Maceda: Prol, 2009. [Ed. Difusora] dedicámoslle varias páxinas, ao reparar no conde benefactor Joseph Benito…

Ler máis Ler máis

A ILLA DE ONS FOI DO CONDE DE MACEDA

A ILLA DE ONS FOI DO CONDE DE MACEDA

Por mor de certas excursións escolares achegámonos unhas cantas veces á Illa de Ons, unha teima que tiñamos dende había tempo… Un malogrado compañeiro na docencia, Manolo Maneiro, foi o que nos motivou pra que fixésemos no centro de ensino -en diferentes cursos e niveis-, boa parte do que conforma o Parque Natural Illas Atlánticas. Iamos a Cortegada [Carril, Vilagarcía], a Ons [Bueu], ás Cíes [Vigo]… Non houbo ocasión de facer o propio con Sálvora [Ribeira]… Outrosí coas “aspirantes” Illas…

Ler máis Ler máis

XAN CARBALLA, O XORNALISMO CON MAIÚSCULAS

XAN CARBALLA, O XORNALISMO CON MAIÚSCULAS

Xa nos vimos o primeiro día de clase [curso 1978-79] na Escola de Maxisterio de Ourense, daquela coñecida como A Normal [outrosí como “A Fábrica” -de opositores-]. Nós eramos, dentro da aula de Filoloxía, os “frikis” de Inglés. Aquel centro de ensino estaba no Barrio da Ponte, cunha praza presidida por un busto de don Vicente Risco polo seu sempiterno vencello coa Normal. Xan e a súa irmá Bea viñan dende Vigo e vivían perto da Estación de Ferrocarril Empalme….

Ler máis Ler máis

13 DE FEBREIRO, DÍA INTERNACIONAL DA RADIO

13 DE FEBREIRO, DÍA INTERNACIONAL DA RADIO

Nese día de 1946 a ONU puxo a andar a radio das Nacións Unidas. Quen declarou o 13 de febreiro como Día Internacional da Radio foi a UNESCO. Na nosa casa tiñamos un aparello de radio con caixa de madeira da marca Inter [a que aparece na foto e que conservamos con moito agarimo no noso estudio eiquí en Compostela]. Nela escoitabamos “o parte” que, naquela altura do franquismo sociolóxico, levaba en exclusiva Radio Nacional de España e que todas…

Ler máis Ler máis

ESCOLAS VIAXEIRAS / CÁCERES

ESCOLAS VIAXEIRAS / CÁCERES

A mediados dos anos 80 do século pasado impartiamos aulas en Bembibre [A Coruña]. Naquela altura estaban de moda as Escolas Viaxeiras por todo o Estado español. 17 discentes de tres comunidades autónomas distintas visitarían unha provincia allea á súa comunidade. Compartirían vivencias culturais e turísticas ao longo dunha semana. Tocounos ir cos discentes de oitavo curso da nosa titoría a Cáceres. Como había un convenio do Ministerio de Educación con Renfe, os desprazamentos facíanse en tren e logo en…

Ler máis Ler máis

PARADA E FONDA NO MONASTERIO DE PIEDRA

PARADA E FONDA NO MONASTERIO DE PIEDRA

Nas excursións que faciamos co alumnado até Barcelona, había unha parada e fonda no Monasterio de Piedra, que pertence ao concello de Nuévalos, ao sur de Zaragoza. Como a viaxe até a capital catalá sobordaba os mil quilómetros, unha pausa alí semellaba axeitada. Mesmo tiñan dentro do propio cenobio, que hogano funciona como hotel, un par de espazos adaptados para excursións escolares. O profesorado podía así pasar a noite nos cuartos habilitados daquel vedraño edificio. Ao día seguinte, pola fresca,…

Ler máis Ler máis