Navegación por
Categoría: analepse

BELLO PIÑEIRO PINTOR SOBRANCEIRO

BELLO PIÑEIRO PINTOR SOBRANCEIRO

Sempre que imos até o Seixo -camiñando dende Maniños- reparamos uns intres na casa de Bello Piñeiro e na cumprida placa que está pendurada na fachada: “A Sociedade Cultural Amigos da Paisaxe Galega dedica este perenne recordo á memoria do ilustre pintor e publicista Felipe Bello Piñeiro, Precursor do Renacemento da Pintura Galega. O Seixo, 9/XII/52″. Con mágoa, cada vez que pasamos por alí, comprobamos que esa casa amosa un deterioro considerábel que vai a máis. Hai, dende 2019, un…

Ler máis Ler máis

BELLO PIÑEIRO ATORMENTADO

BELLO PIÑEIRO ATORMENTADO

Nunha entrevista do xornalista Luís Caparrós en La Voz de Galicia [6/IV/1951], cando Felipe Bello Piñeiro contaba con 65 anos de idade, preguntoulle se estaba solteiro, casado ou viúvo. O sobranceiro pintor do Seixo contestoulle que estaba “solteiro por dificultades de elección, pois as mulleres son demasiado guapas pra decidirse por ningunha”. Medio século despois logramos saber que as razóns do seu estado civil eran outras e que direccionaban cara a súa nai, dona Lola Piñeiro Toimil, e cara o…

Ler máis Ler máis

BELLO PIÑEIRO ESCRITOR

BELLO PIÑEIRO ESCRITOR

Aínda que este singular volume saíu impreso por primeira vez en 1922, no Boletín da Sociedade Española de Amigos da Arte en Madrid, nós adquirimos a 4ª edición do que, anos despois, tirou do prelo Edicións do Castro [1965, 1972, 1979 e 1997]. Naquela altura o ilustre pintor Bello Piñeiro estaba nunha das fases da súa vida máis intensa como activista en moitas frontes. Regresou de Madrid ao Seixo coa teima de “crearse unha posición eiquí” [Fraga Sampedro: 2004]. Entre…

Ler máis Ler máis

O PADRE SANTIAGO PROL NA LEMBRANZA

O PADRE SANTIAGO PROL NA LEMBRANZA

O 4 de agosto de 1968, día de feira grande en Maceda, desprazámonos até Santa Mariña de Bobadela a Pinta [Xunqueira de Ambía] pra acompañar ao noso parente, o padre Santiago Prol Díaz, na súa primeira misa na terra de orixe. Tiñamos nós naquela altura 7 anos de idade e el 27, a piques de cumprir os 28. Foramos coa nosa nai, coa tía Carmiña, con algunhas das nosas primas [da trintena que conformamos]. Todos amoreadiños nun autobús dende a…

Ler máis Ler máis

MEDIO SÉCULO DO “GRÂNDOLA, VILA MORENA” EN COMPOSTELA

MEDIO SÉCULO DO “GRÂNDOLA, VILA MORENA” EN COMPOSTELA

Onte, 10 de maio de 2022, cumpríronse 50 anos dunha histórica actuación do Zeca Afonso, na que incluíra a iconográfica cantiga que logo se trocaría en consigna na Revolução dos Cravos. Estabamos no tardofranquismo [1972] e o Zeca actuara no Burgo das Nacións en Santiago de Compostela coa mediación do cantautor Benedicto [de Voces Ceibes], co que mantiña amizade e compartía escenarios dende había algún tempo. Durante a última década de docencia [cando xa tiñamos canón, pantalla e ordenador nas…

Ler máis Ler máis

PRAZA DO CONDE DE MACEDA EN MADRID

PRAZA DO CONDE DE MACEDA EN MADRID

Tiramos outra volta de “Nobres vencellados ao Castelo de Maceda”, Prol: 2009, Ed. Difusora, nas páxinas 174-75: “Exerceu o Conde de Maceda, Antonio Pedro Nolasco de Lanzós e Taboada [1726-54] como gobernador político, económico e militar de Madrid [correxidor -hogano alcalde- con funcións non homologábeis ás actuais]. Outrosí xentilhome con forzas armadas na Real Cámara, tenente xeneral dos Exércitos, vicerrei de Navarra (…).  Dende aquela institución madrileña queixábase da escuridade nocturna, “auspiciadora de moitos roubos, asasinatos e lascivia na capital…

Ler máis Ler máis