JOÃO DA NOVA E A PRIMEIRA BATALLA DE CANANOR
Atopamos en “youtube” un interesante vídeo sobre o nauta vencellado con Maceda e a 1ª Batalla de Cananor, desenvolta na costa do Malabar indio [actual estado de Kerala]. Naquel estratéxico lugar asentaría o descubridor galego a primeira feitoría [lugar para o comercio internacional] de Portugal en Oriente. Porén, denantes tivera problemas co samorim [señor do mar] de Calecute [hogano Kozhikode]. Os islámicos establecéranse no Malabar indio había tempo. Facían de intermediarios entre o samorim, os venecianos e os xenoveses. Os…