Navegación por
Autor: sprol

A ILLA SANTA HELENA, PRISIÓN PERFECTA PARA NAPOLEÓN?

A ILLA SANTA HELENA, PRISIÓN PERFECTA PARA NAPOLEÓN?

Desta volta atopamos na arañeira outro recente vídeo [7 minutos e 40 segundos] vencellado con João da Nova, o galego máis relevante do século XVI, orixinario de Maceda (Ourense, Galiza). Eis o texto que o acompaña: Você sabia que existe uma ilha tão remota e isolada que foi usada para aprisionar alguns dos líderes mais famosos da história, incluindo Napoleão Bonaparte? Localizada no meio do Oceano Atlântico, a Ilha de Santa Helena se tornou uma prisão perfeita para quem os…

Ler máis Ler máis

MACEDA EN INVERNO. Ramón Caride

MACEDA EN INVERNO. Ramón Caride

Pásanos Moncho Caride o poemario Diacrónica (Editorial Juglar, 2025), no que recupera un bo feixe de composicións imprentadas en incursións de 2006 (As máscaras de Cronos) e 2009 (Criptografías). Desta volta nunha edición bilingüe (coa “axuda” do seu heterónimo / tradutor -ao castelán-  Darío Gancedo). Como Moncho Caride é fillo adoptivo de Maceda dende hai case medio século (só falta que o recoñezan institucionalmente), imos pendurar o poema que titulou MACEDA EN INVERNO, que tivo a ben dedicarnos e que…

Ler máis Ler máis

JOÃO DA NOVA NA SERIE GRANDES EXPEDIÇÕES

JOÃO DA NOVA NA SERIE GRANDES EXPEDIÇÕES

Atopamos en “youtube”, na serie documental portuguesa Grandes Expedições, un interesante monográfico [de 8 minutos e medio] dedicado á traxectoria vital de João da Nova, o galego máis relevante do século XVI, orixinario de Maceda (Ourense, Galiza) [Prol: 2002 / pinchar eiquí]. Eis o breve texto que penduraron deste didáctico documento audiovisual: “João da Nova, foi um explorador galego, a serviço de Manuel I de Portugal. Deu o seu nome a uma pequena ilha no Canal de Moçambique, a ilha…

Ler máis Ler máis

PAULO VI, O PONTÍFICE INCOMPRENDIDO

PAULO VI, O PONTÍFICE INCOMPRENDIDO

Ao longo das Conversas (ANT, 2002), Francisco Carballo falou de Paulo VI [Giovani Battista Enrico Antonio María Montini (Concesio, Lombardía, 1897 – Castel Gandolfo, 1978), papa dende xuño do 63 até o seu pasamento en agosto do 78]. Fíxoo en varias ocasións, mesmo cando peneiramos a Teoloxía da Liberación en Latinoamérica e a Igrexa que vive e se identifica cos pobres… No subcapítulo “Os papas do meu tempo” centramos máis a figura de Montini. Sabemos que a Paulo VI coñeceuno e tratouno…

Ler máis Ler máis

XOÁN XXIII, O PAPA DO CONCILIO

XOÁN XXIII, O PAPA DO CONCILIO

Xoán XXIII e Paulo VI foron os papas aos que máis querenza amosou Francisco Carballo. Hoxe imos recuperar o que o presbítero ilustrado de Maceda pensaba sobre Angelo Giuseppe Roncalli (Bérgamo, 1881 – Cidade do Vaticano, 1963), que mesmo foi papa dende outubro do 58 até o seu pasamento en xuño do 63. Nas Conversas (ANT, 2002) preguntámoslle: “Aínda que Xoán XXIII tivo un papado breve, revolucionou a Igrexa ao convocar o Concilio Vaticano II, que comezou en outubro de 1962, acadado…

Ler máis Ler máis

FRANCISCO CARBALLO & RUBÉN ARAMBURU

FRANCISCO CARBALLO & RUBÉN ARAMBURU

A Asociación Irimia publicou unha singular entrevista co crego inculturado Rubén Aramburu, que pendurou na arañeira o 23 de decembro de 2014, co título: “PACO CARBALLO: CANDO A PATRIA SE VOLVE CORAZÓN”. “Coincidindo co final do franquismo, co ronsel creativo e renovador do Vaticano II, coa reconstrución do nacionalismo galego, coas loitas obreiras –e os curas obreiros- todo arredor dunha cidade vital e en loita –Vigo-, apareceron figuras como o frade paúl Francisco Carballo. El encarna o mellor desa época…

Ler máis Ler máis