ROTEIRO POR BARAKALDO (4)
“No ano 1963 saíu o meu primeiro libro, O Santuario do Monte Medo. Ao pouco un folletiño, Espíritu misionero de la constitución litúrgica (1965). Era a primeira referencia miña ao Concilio Vaticano II (…). No 1963, a morte da miña nai, 20/XI/63. Despraceime dende Barakaldo e asistín algúns días na súa enfermidade, o que ela agradecía sen límite. Lía o meu libriño [sobre Os Milagres do Monte Medo] e acariñábao como a un fillo meu. A morte dos pais para un célibe é…