Navegación por
Autor: sprol

FONSO, O ÚLTIMO MOHICANO DOS ALBARDEIROS DE MACEDA

FONSO, O ÚLTIMO MOHICANO DOS ALBARDEIROS DE MACEDA

Pásanos o escritor Ramón Caride Ogando un enlace que nos retrotrae a unha alfaia videográfica de 1997, autoría de Karlos Abal e X. A. Vilas. Mesmo vinculado á bitácora do Lucas [“Perturbación Aleatoria]. Nese relevante documental aparece o Fonso e tamén o Fofo como protagonistas da última xeración de albardeiros de Maceda. Durante a segunda parte do século XX en Maceda exerceron esa profesión artesanal o Godoy Dopazo, o Fofo, o Jorge, o Turra, o Fonso… Como moi ben dicía…

Ler máis Ler máis

FRANCISCO CARBALLO, HUMANISMO E ENTREGA AO PAÍS

FRANCISCO CARBALLO, HUMANISMO E ENTREGA AO PAÍS

Pásanos o amigo Xan Carballa un pdf da columna que tivo a ben inserir Manuel López Foxo [escritor e divulgador cultural] en NÓS DIARIO, no que vindica a figura de Francisco Carballo a través do libro das “CONVERSAS” [Prol / Carballa, ANT, 2002]. Mesmo lembra que en 2025 cúmprese o centenario do nacemento de Carballo [8 de marzo de 1925 en Celeirón de Asadur, Maceda], pra que o Noso País lle preste a atención que non lle prestou en vida…

Ler máis Ler máis

MÉRIDA E O LAGO PROSERPINA

MÉRIDA E O LAGO PROSERPINA

Achegámonos a Mérida un bo feixe de veces dende os anos 80 do século pasado. A maioría pra ollar espectáculos no Festival de Teatro Clásico. Non sempre con obras tradicionais. En xullo de 2014 quedamos impresionados coa actuación da coreógrafa Sara Baras e a súa “Medusa, la guardiana”. Agora ben, a actuación que nos quedou fixada pra sempre foi a homenaxe ao poeta Rafael Alberti, na apertura da 34º edición deste singular evento. Fora o 3 de xullo de 1988….

Ler máis Ler máis

YUSTE, O ASENTO DERRADEIRO DO EMPERADOR TEUTÓN

YUSTE, O ASENTO DERRADEIRO DO EMPERADOR TEUTÓN

Fixemos recentemente unha interesante inmersión global polas terras de Extremadura. Dos tópicos xa visitados anteriormente [Mérida, Lago Proserpina, Cáceres, Trujillo, Guadalupe, Plasencia, Monfragüe, Serra de Gata, comarca das Hurdes…], aproveitamos pra achegarnos outra vez a varios deles. Tamén fomos até Badajoz capital, Ponte Romana de Alcántara, vila de Alcántara e Fundación Iberdrola, Malpartida de Cáceres e o Museo Vostell, a cidade episcopal de Coria, Montánchez e o seu singular cemiterio, Cordobilla de Lácara e os seus embalses, Jaraíz de la…

Ler máis Ler máis

XULIO CONDE, DISTINCIÓN AO MÉRITO DEPORTIVO 2022

XULIO CONDE, DISTINCIÓN AO MÉRITO DEPORTIVO 2022

Onte, 6 de outubro de 2022, os macedáns [e os galegos en xeral] soubemos que o presidente da Xunta de Galicia materializara a entrega da medalla e o diploma ao Mérito Deportivo a Xulio Conde. Xa Radio Maceda avanzaba o día 4 [feira] a nova. No libro “Conversas co Bieito” [Prol: 2022] reparamos varias veces en Xulio Conde. Focalizámolo como activista cultural abandeirando as Noites Folk do Castelo de Maceda. Tamén como político nomeadamente no seu compromiso en clave Nosa…

Ler máis Ler máis

JOSÉ PIÑEIRO, O INTRÉPIDO AVIADOR DO SEIXO

JOSÉ PIÑEIRO, O INTRÉPIDO AVIADOR DO SEIXO

Un pouco máis adiante da casa do pintor Bello Piñeiro, no número 168 da Avenida do Seixo en dirección ao peirao, atopamos a casa do aviador José Piñeiro, outro fillo egrexio do Seixo que nacera o 15 de decembro de 1878. Este aventureiro non tiña acougo. Estivo estudando o bacharelato no País Vasco [Donostia]. Viaxou a Cuba con 16 anos, en 1895, pra loitar a prol daquela colonia española [denantes do “desastre” de 1898]. Regresou ao ano seguinte da súa…

Ler máis Ler máis