Navegación por
Autor: sprol

CARBALLO NUN DOCUMENTAL SOBRE ALEXANDRE BÓVEDA

CARBALLO NUN DOCUMENTAL SOBRE ALEXANDRE BÓVEDA

En 2013, cando Francisco Carballo xa estaba moi “tocado” pola enfermidade, fixo unha lúcida colaboración (como biógrafo) para o documental “A fazaña da liberdade”, dedicado a Alexandre Bóveda. Aparece en dez intervencións abondo interesantes (minutos 5:26 / 6:45 / 12:36 /17:15 / 28:14 / 58:12 / 70:58 / 72:00 / 73:49 e 75: 52). Conforma este un dos postremeiros documentos videográficos de Francisco Carballo (en vida) que merece ser espallado. Tiramos do texto que pendurou a productora FilmikaGalaika en Youtube:…

Ler máis Ler máis

ENTREVISTA A F. CARBALLO EN IRMANDADE TV

ENTREVISTA A F. CARBALLO EN IRMANDADE TV

A canle Irmandade TV, da man de Pedro Alonso,  fíxolle unha singular entrevista a Francisco Carballo-para o segundo programa do Caleidoscopio-, pouco antes do seu derradeiro exilio en Salamanca [no intre da gravación contaba con 88 anos de idade e vivía temporalmente en Ourense]. Rescatárona o 29 de novembro de 2014, o día que Francisco Carballo nos deixou. Saíu publicada inicialmente o 3 de setembro de 2013, cunha entradiña: “Neste programa do Caleidoscopio entrevistamos a Francisco Carballo. Nado en 1925…

Ler máis Ler máis

CARBALLO E FERRÍN

CARBALLO E FERRÍN

Cando artellamos a homenaxe a Francisco Carballo en Maceda, o 4 de agosto de 2000, puxémonos en contacto epistolar con Xosé Luís Méndez Ferrín para invitalo aos actos programados. Mesmo lle suxerimos tivese a ben facer unha evocación nunha das súas columnas semanais no Faro de Vigo. Sempre que lle pedimos algo nesa liña aceptou (Benigno, Gayoso, Carballo, Felos…). ¡Beizón! Aínda que non puido vir a Maceda aquel sábado, imprentou unha sentida columna (Faro, 4/VIII/2000). A relación dos dous viña…

Ler máis Ler máis

IMAXES COMO PIONEIRO A PROL DA LINGUA

IMAXES COMO PIONEIRO A PROL DA LINGUA

No libro das Conversas (Prol / Carballa, ANT, 2002) aparecen -nas páxinas 172 e 173- varios documentos gráficos nos que podemos ollar ao historiador Francisco Carballo participando activamente nas campañas a prol da galeguización da toponimia en galego e tamén na Primeira Carreira Popular en Defensa do Idioma Galego, organizada pola Federación de Asociacións Culturais Galegas e abandeirada pola Asociación Cultural de Vigo, que presidía naquela altura (comezos dos anos 80) o presbítero ilustrado de Maceda. Remesounos Xan Carballa outras fotos da…

Ler máis Ler máis

CARTA AO SEÑOR FUTURO

CARTA AO SEÑOR FUTURO

A comezos de 2008 Francisco Carballo imprentou no semanario ANT unha columna con ese título. Sabiamos da súa querenza polos escritores uruguaios Eduardo Galeano e Mario Benedetti. Tivemos a fortuna de escoitalos -ao igual que Carballo- eiquí, en Compostela, máis dunha vez: “Non quero deixar de sumarme a ese agasallo en galego de Eduardo Galeano (Laiovento, 2008), unha escolma longa e trepidante de artigos deste avogado e xornalista para nós (…). De Galeano teño sempre á man “Las venas abiertas…

Ler máis Ler máis

ISRAEL

ISRAEL

No núm. 1.032 d´ANT, cinco semanas antes de inserir a súa columna sobre Palestina, Francisco Carballo escribiu un texto -tamén moi clarificador, esperanzador e positivo- sobre Israel, co pretexto dunhas lecturas poéticas -nas que el participou- a prol do pobo palestino: “Dentro duns días teremos un recital de poemas palestinos en Pontevedra.  Palestinos masacrados por Israel. ¿Por Israel? Por Sharon, polo Likud…, mais non polo pobo xudeu. Israel estado democrático, realización de ilustrados no fío da máis avanzada modernidade. Un…

Ler máis Ler máis