Navegación por
Autor: sprol

A FACETA MÁIS HUMANA DE BENIGNO ÁLVAREZ

A FACETA MÁIS HUMANA DE BENIGNO ÁLVAREZ

O xornalista Xosé Manoel Rodríguez fíxonos unha entrevista antes da presentación en Maceda do libro “Benigno Álvarez. Un comunista na Galiza dos anos 30” [Santiago Prol, ANT, 2008]. Apareceu publicada, o 12 de xuño de 2008, no xornal La Voz de Galicia: “O castelo de Maceda vivirá mañá unha cita longo tempo agardada: a recuperación dunha figura emblemática da comarca e da provincia que viu truncada a súa vida pola represión falanxista que trouxo consigo a guerra do 36. Na…

Ler máis Ler máis

O REGRESO DE BENIGNO ÁLVAREZ A MACEDA

O REGRESO DE BENIGNO ÁLVAREZ A MACEDA

O sábado, 14 de xuño de 2008, no xornal La Voz de Galicia, ao día seguinte da presentación do noso libro “Benigno Álvarez. Un comunista na Galiza dos anos 30” [Santiago Prol, ANT, 2008], apareceu unha salientábel columna de Antón Feito [pseudónimo dun xornalista ao máximo nivel do staff dese periódico naquela altura en Ourense]. Na súa sección “O fiadeiro” (páx. L2) imprentaba: “Fai tempo que se viña reclamando un esforzo para rescatar a figura de Benigno Álvarez do dobre…

Ler máis Ler máis

VIDA E MORTE DUN COMUNISTA

VIDA E MORTE DUN COMUNISTA

No suplemento “Culturas” do xornal La Voz de Galicia [14/VI/2008], aparece unha recensión do noso libro “Benigno Álvarez, un comunista na Galiza dos anos 30” [Santiago Prol, ANT, 2008] da man dun historiador especialista nesa xeira histórica. Estamos a falar de Carlos Fernández Santander, que publicara un dos volumes de referencia quince anos antes [“El alzamiento de 1936 en Galicia. Datos para una historia de la Guerra Civil”, Eds. do Castro, 1983]. Outrosí moreas de columnas sobre ese tema no…

Ler máis Ler máis

AUDIOVISUAL ARREDOR DA AGRUPACIÓN CULTURAL OS CABACEIROS

AUDIOVISUAL ARREDOR DA AGRUPACIÓN CULTURAL OS CABACEIROS

Conforma este audiovisual [120 imaxes] un salientábel documento colectivo na historia recente de Maceda, elaborado dun xeito artesanal, moi entrañábel no fondo e tamén na forma, fermoso visualmente e cheo de sensibilidade, arredor da histórica Agrupación Cultural Os Cabaceiros e o seu contexto. Mesmo vai acompasado, como pano de fondo, co poema “Volvín á terra pro perdín o amor” de Bernardino Graña, musicado polo cantautor Suso Vaamonde [conformando unha das mellores cancións da súa traxectoria]. Fixémolo co gallo da presentación en…

Ler máis Ler máis

REBOIRAS E CARBALLO COA OLLADA DE NEMESIO BARXA

REBOIRAS E CARBALLO COA OLLADA DE NEMESIO BARXA

No xornal SERMOS GALIZA, con data do 12 de agosto de 2019, Nemesio Barxa, que fora o avogado defensor de Francisco Carballo, pendurou a extensa columna “No quarenta e quatro aniversario do assasinato de Moncho Reboiras”. Un interesante traballo do que imos recuperar a parte central na que aparece referenciado o historiador e teólogo ilustrado de Maceda: “No ano de 1979 Francisco Carballo colaborou num livro coletivo de “Historia de Galicia” (AN-PG), assumindo Carballo redigir o capítulo correspondente a os últimos…

Ler máis Ler máis

12 GREAT REASONS TO VISIT ST HELENA

12 GREAT REASONS TO VISIT ST HELENA

Para o certame de Miss St. Helena de 2022, fixeron 12 curtas de 90 segundos nas que as participantes escollían un recuncho da illa descuberta en 1502 polo macedán João da Nova. O resultado foi un singular film duns 19 minutos de duración, no que van percorrendo parte dos lugares máis aquelados da illa. Ademais da introdución, podemos ollar: Diana´s Peak, A Day Sailing, Jacobs Lader, Napoleons Tomb, Ruperts Valley, Hight Knoll Fort, Museum of St Helena, Blue Hill, Monuments,…

Ler máis Ler máis