A ILLA SANTA HELENA Á VISTA DE DRON EN 4 MINUTOS

A ILLA SANTA HELENA Á VISTA DE DRON EN 4 MINUTOS

Contraportada do noso libro [Prol: 2002a] sobre un galego universal, o máis relevante do século XVI

Dende que comezamos a mergullarnos na traxectoria de João da Nova até hoxe pasaron moitas lúas… Por certo, neste 2022 cúmprense dúas décadas da pioneira achega “João da Nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal” [Prol: 2002a], que tivo a ben publicar a Deputación Provincial de Ourense, coa inestimábel axuda de Manolo Rodríguez Carballo, naquela altura alcalde de Maceda. Outrosí co aval do prestixioso historiador Francisco Carballo, que aseverou: “Esta obra trata dun tema case inédito, de interese biográfico e temático, xa que logo fai accesíbel aos galegos a participación nas descubertas dos séculos XV e XVI de Portugal (…). A forma narrativa que emprega o autor resulta atractiva; é orixinal, quente e curiosa. A investigación de fondo merece un posto neste campo histórico”. Unha edición facsimilar [20 anos despois] non estaría fóra de lugar…

Portada do libro sobre João da Nova [2002]

Nunha das illas que reparamos con máis fascinación foi na estratéxica Santa Helena [pp. 147-155]. Dende o inicio da nosa incursión até hoxe houbo, tecnoloxicamente falando, moitos avances. Traemos á bitácora un vídeo de 4 minutos [feito con drons], que fornece a teima que pretendemos. Nel podemos gozar parcialmente dalgunhas impresionantes imaxes desta estratéxica illa descuberta por un macedán, o galego João da Nova, o 21 de maio de 1502 [“A St Helena Phantom View”, filmado en 2017]. ¡Graciñas mil!

Os comentarios están pechados.