TRINDADE, A ILLA TESOURO

TRINDADE, A ILLA TESOURO

Recuperamos outro vídeo (vencellado con João da Nova) que pendurou na arañeira a “Marinha do Brasil”. Titulouno “Amazônia Azul – Ilha da Trindade, um tesouro no mar”, cun breve texto:

“Você sabia que no meio do Oceano Atlântico, no caminho para a África, o Brasil possui uma ilha que é um paraíso natural, a Ilha da Trindade?”.

Esta illa fora descuberta polo nauta galego na viaxe de ida da III Expedición á India ao servizo da Coroa de Portugal. Para evitar os ventos alisios do Atlántico, trazaban unha enorme curva na que tocaban a costa brasileira (Alvares Cabral coa II Expedición) ou aproximábanse, como foi na de João da Nova, que así descubriu a Ilha da Trindade en 1501 (Prol: 2002). Eis este logrado documento audiovisual que sintetiza en apenas 2 minutos ese fermoso tesouro… Beizón:

Fonte: Marinha do Brasil

Os comentarios están pechados.