ST. HELENA / THE CITY OF JAMESTOWN to LIVE, WORK & EXPLORE

ST. HELENA / THE CITY OF JAMESTOWN to LIVE, WORK & EXPLORE

Fonte: whatthesaintsdidnext.com

A mediados de 2023, para impulsar a promoción da capital da illa que descubrira o galego João da Nova en 1502, as autoridades locais vulgarizaron un singular proxecto videográfico de 13´ 52´´. Aínda que fora atopada polo nauta vencellado á Casa nobiliaria de Maceda (Ourense, Galiza) ao servizo da Coroa de Portugal, Santa Helena non fora poboada até 1659 polos británicos. Punto estratéxico no Atlántico Sur, hogano anda polos 4.200 habitantes. Cunha temperatura duns 10ºC en inverno e duns 30ºC no verán, mesmo cun aeroporto operativo [logo de non poucos atrancos], hoxe semella un destino con posibilidades en diversas frontes… Vertemos o texto que acompaña ao vídeo:

“Jamestown é a capital da Illa Santa Helena, un territorio británico de ultramar no Océano Atlántico Sur. A illa é pequena e moi remota. Fíxose famosa á conta do emperador francés Napoleón Bonaparte, que estivo exiliado eiquí dende 1815 até o remate da súa vida, 6 años despois. Até fai pouco, só se podía acceder a Santa Helena por barco. Porén, o aeroporto de Santa Helena comezou a realizar voos programados en 2017 e agora voos semanais a Johannesburgo [Sudáfrica], manteñen a illa conectada co mundo exterior. Para calquera que teime vivir, facer turismo ou aproveitar una oportunidade laboral en Santa Helena, esta curtametraxe ofrece unha idea do que pode atopar na capital da illa, Jamestown. Probar o prestixioso café St Helena, nadar pola noite na piscina de Jamestown, compartir desfiles polas rúas para celebrar o día nacional, mesmo observar os peixes de cores na fonte do Castle Gardens… Estas son algunhas das actividades que pode experimentar eiquí. Este vídeo sobre Jamestown inclúe compras en Main Street, coller un taxi, subir a famosa Escaleira de Jacob, tiro ao branco no Jamestown Rifle Club… Tamén insire unha descrición xeral da historia de Jamestown”.

Para oportunidades de traballo co Goberno de Santa Helena, visite: https://sthelenapublicservicejobs.sh/

Para vacacións de curta duración ou aloxamento de negocios en Santa Helena, visite: https://travelsthelena.com/

Os comentarios están pechados.