O LIBRO DAS “CONVERSAS” PENEIRADO NA REVISTA “YUCA” (2)

O LIBRO DAS “CONVERSAS” PENEIRADO NA REVISTA “YUCA” (2)

Seguimos coa primeira achega de Yuca arredor das “Conversas” [Prol / Carballa, 2002], que aparecera no número de xaneiro/febreiro de 2004. Céntrase Abel Yebra desta volta na formación do presbítero ilustrado de Maceda: “Francisco Carballo é un gran lector, polo que, ademais da cultura humanística da carreira sacerdotal e do coñecemento das principais linguas modernas, posúe unha sólida formación nos campos teolóxicos, filosóficos, históricos e sociolóxicos. No ámbito da teoloxía é un cura postconciliar. Estuda os eséxetas bíblicos e dá o paso da escolástica…

Ler máis Ler máis

O LIBRO DAS “CONVERSAS” PENEIRADO NA REVISTA “YUCA” (1)

O LIBRO DAS “CONVERSAS” PENEIRADO NA REVISTA “YUCA” (1)

En setembro de 2003, o escritor e psicólogo Abel Yebra Faba -orixinario de Valtuille de Abajo (O Bierzo)- remataba de peneirar a fondo o libro que Xan Carballa e nós mesmos artellamos co presbítero ilustrado de Maceda e que saíra publicado o ano anterior. Fixérao para o boletín informativo –bimestral- do Grupo Yuca, abandeirado por ex paúis e con sede en Hortaleza (Madrid). Sairía imprentado en 6 achegas ao longo do ano 2004. Elaborado dende unha óptica allea ao contexto…

Ler máis Ler máis

O ESPELLO DE GÓMEZ GAYOSO

O ESPELLO DE GÓMEZ GAYOSO

“Hai catro espellos nos que todo galego de ben debe mirarse. Catro figuras egrexias que nos deben servir de exemplo a todos. Refírome a  Afonso Rodríguez Castelao, Benigno Álvarez, Alexandre Bóveda e Xosé Gómez Gayoso” [Luís Soto, 1983]. Xosé Gómez Gayoso, que nacera o 20 de setembro de 1910 na vila de Maceda, emigrou dende moi cativo cos seus pais cara Vigo, unha emerxente cidade portuaria con moitas posibilidades. Na xeira republicana tivo un perfil baixo pois era moi novo….

Ler máis Ler máis

A “POPULORUM PROGRESSIO” EN GALEGO NOS MILAGRES, 1969

A “POPULORUM PROGRESSIO” EN GALEGO NOS MILAGRES, 1969

En Aproximación á Historia da Igrexa galega (1939-1975) [Encrucillada, nº 3, 1977], o historiador Francisco Carballo imprentaba que a xerarquía fora moi lenta en asumir os novos xiros da doutrina social da Igrexa, expresada por Xoán XXIII e por Paulo VI no Vaticano II. En 1969 a lectura da Populorum Progressio en galego no púlpito do Santuario dos Milagres, fora censurada polo bispo Temiño porque dicía que “lida sen contexto podía ser mal interpretada”… No libro das Conversas [Prol /…

Ler máis Ler máis

JOÃO DA NOVA CONSONTE A REAL ACADEMIA DE LA HISTORIA

JOÃO DA NOVA CONSONTE A REAL ACADEMIA DE LA HISTORIA

A Real Academia de la Historia de España, tivo a ben inserir na arañeira unha entrada dedicada ao navegante vencellado coa casa nobiliaria de Maceda, léase João da Nova (Juan de Nova, Joham de Nóvoa, Xoán de Nóvoa…). Vai asinada por Carlos Sixirei Paredes: https://dbe.rah.es/biografias/52262/juan-da-nova. Imos reproducila na súa integridade [fornecida con algunhas imaxes], mesmo coa bibliografía consultada na que salientan o noso libro “João da Nova. Un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal”, Santiago Prol, 2002. Beizón!:…

Ler máis Ler máis

FLOR DE LA MAR, A LENDARIA NAO DA MARIÑA PORTUGUESA

FLOR DE LA MAR, A LENDARIA NAO DA MARIÑA PORTUGUESA

Localizamos na arañeira outro didáctico vídeo vencellado co nauta galego João da Nova, desta volta arredor da mítica nao Flor de la Mar [tamén aparece grafada Frol de la Mar]. Lembremos que a capitaneou o navegante macedán dende 1505 até 1509, ao servizo da Coroa de Portugal. Eis o texto que o acompaña: “A história da Flor de la Mar começa no início do século XVI, quando Portugal estava empenhado em expandir as suas rotas comerciais e adquirir o controlo…

Ler máis Ler máis