O LIBRO DOS NOBRES VENCELLADOS AO CASTELO EN GOOGLE BOOKS

O LIBRO DOS NOBRES VENCELLADOS AO CASTELO EN GOOGLE BOOKS

Portada do libro sufragado pola Xunta de Galicia e o Concello de Maceda (2009)

Foi un encargo e un compromiso noso, nomeadamente polo vencello do rei Afonso X o Sabio con Maceda, mesmo cando veu -con once anos de idade- facer inmersión lingüística en galego ao Val do Medo. Xa teremos tempo de peneirar ese capítulo de vagar. Hoxe avanzamos contraportada e o enlace do libro en google books [vista previa con páxinas limitadas, aínda que cun bo feixe delas en aberto, incluído case todo o capítulo sobre Afonso X e a súa conexión con Maceda (páx. 49 e ss.)]: “Esta rigorosa achega abrangue aos nobres vencellados ao Castelo de Maceda máis egrexios, que levaron o seu nome polo mundo adiante dende a Baixa Idade Media: María Fernández, a filla do conde de Traba. Afonso X o Sabio e o seu preceptor Garci Fernández. Pedro Iáñez de Nóvoa que fixo carreira política e militar dentro da Igrexa. João da Nova, un galego universal, o máis relevante do século XVI. Xoán Iáñez de Nóvoa e o Panteón de Nóvoas Egrexios. Outrosí o condado de Maceda (1654) que lle foi concedido a Alonso de Lanzós e Nóvoa. O III conde Joseph Benito de Lanzós e Nóvoa acadou a Grandeza de España de 1ª clase (1710). O seu primoxénito Antonio Pedro Nolasco chegou a gobernador de Madrid e vicerrei de Navarra. Unha condesa de Maceda está soterrada no espazo que hogano conforma o Panteón de Galegos Ilustres. Baltasar Pardo de Figueroa, VIII conde de Maceda, finou na batalla de Medina de Rioseco (1808). Xoán Xosé Caamaño Pardo, conde consorte de Maceda, foi un dos ilustrados de comezos do XIX en Galiza… A relevante nómina deste volume soborda o ámbito local. Unha aproximación necesaria que enche unha eiva da nosa memoria colectiva”.

Eis o enlace ao noso libro sobre os nobres do Castelo en google books

Os comentarios están pechados.