NO PROGRAMA CULTURAL ZIGZAG DA TVG ARREDOR DE MANUEL VIDAL
Cando publicamos o volume “Manuel Vidal, un presbítero ilustrado de Maceda” (Santiago Prol, Postal Editores: 2017), levabamos moitos anos comprometidos con aquela arela. Como case sempre neste Noso País, o autor é quen move a vulgarización dos seus libros. Cos nosos contactos na RTVG procuramos que aquela achega saíse no salientábel programa cultural ZigZag. Logramos unha sintética reportaxe, gravada na Praza de Mazarelos, intramuros da améndoa de Santiago de Compostela, onde estivera o Instituto Masculino no que exercera como catedrático de Lengua e Literatura Españolas o egrexio presbítero macedán Manuel Vidal. Eis o singular documento audiovisual da TVG, emitido o 19 de marzo de 2018 na canle matricial, logo do telexornal do mediodía, e despois na TVG-2, e que tamén tivo a ben pendurar posteriormente o activista José Juan Pérez en MACEDA NA REDE. ¡Beizón a todos!