JONATHAN, A TARTARUGA MÁIS VELLA DO MUNDO
Ollamos en varias publicacións que na Illa Santa Helena [que descubrira o macedán João da Nova en 1502], decretaron tres días de celebracións [con tarta vegana incluída: cenorias, mazás, bananas e pepinos] co gallo dos 190 anos da tartaruga Jonathan. Malia súa lonxevidade, segue tendo boa libido e bo oído, pero a vista e o olfacto xa van moi minguados… Coidan naceu polo 1832 nas Seychelles. Chegou a Santa Helena en 1882 como agasallo ao gobernador sir Willian Grey-Wilson. Dende aquela vive nos xardíns da casa oficial que posúen os gobernadores de Santa Helena. Toda unha icona da illa, que mesmo aparece en moedas e selos de correos…