ILLA DA TRINDADE, UN TESOURO DA NATUREZA

ILLA DA TRINDADE, UN TESOURO DA NATUREZA

Denantes de meterlle o dente á reportaxe xeolóxica do doutor Veloso sobre a Ilha da Trindade, imos avanzar unha interesantísima reportaxe de 19 minutos, que nos aporta unha visión de conxunto moi aqueloutrada. A estratéxica illa fora descuberta por João da Nova en 1501, cando comandaba a III Viaxe á India ao servizo de Portugal. Hogano a Illa da Trindade está habitada por uns oitenta militares da Mariña do Brasil e por unha ducia de científicos que van rotando cada poucos meses. Non se pode facer turismo nela. Hai un Posto Oceanográfico de máximo nivel. Mesmo non ten porto nin aeroporto… Neste documental, moi logrado [visual e didacticamente] da Band Jornalismo do Brasil [que conta con case 3 millóns de subscritores], ollaremos esta volcánica illa multicolor en moitas das súas fasquías. Na entradiña do vídeo podemos ler telegraficamente en portugués do Brasil: “Você vai fazer agora uma viagem para a Ilha da Trindade, o lugar mais distante do  Brasil à leste, a 1,2 mil quilômetros do litoral do Espírito Santo. Um arquipélago que reúne belas paisagens e bichos exóticos. Mas turistas não são autorizados a entrar, apenas pesquisadores cadastrados”. Gocemos xa que logo deste recente documental que penduraron en marzo de 2020, mesmo case ao comezo desta distópica e onírica xeira de hogano. Beizón!:

Os comentarios están pechados.