SINGULAR DOCUMENTAL SOBRE A ILLA SANTA HELENA
Atopamos na arañeira outro interesante documental, artellado desta volta por divulgadores rusos, sobre a illa Santa Helena. Mergúllanos na illa que descubrira João da Nova, o navegante vencellado coa casa nobiliaria de Maceda (Ourense, Galiza), que traballaba ao servizo da Coroa de Portugal (Prol: 2002). Na altura de 1502, na viaxe de regreso da India, o nauta galego atopara esta estratéxica illa, que axiña se trocara esencial para o abastecemento de auga doce das expedicións portuguesas (e logo británicas) nas tornaviaxes. Paga a pena ollar este vídeo, que penduraron en 2024 dobrado ao castelán (fora filmado en 2018) e que xa leva arredor de 50.000 visualizacións. Beizón!
Fonte: Viajes Insólitos