DÍA INTERNACIONAL DOS BEATLES

DÍA INTERNACIONAL DOS BEATLES

O 16 de xaneiro é a data que a “beatlemanía” lle recoñece a John Lennon, Paul McCartney, Ringo Starr e George Harrison. O noso profesor de Música da xeira universitaria, tamén era o director do Orfeón Unión Orensana, á par que organista oficial da Catedral de Ourense. Nalgunhas das excursións que faciamos con el no Orfeón, mesmo con actuacións alén do Padornelo e a Portugal, dicíanos o singular catedrático Xerardo Salgado Valdés, que os Beatles sabían moi ben o seu oficio. Mesmo que  no mundo da música moderna estaban a anos luz da maioría. Nos longos desprazamentos que faciamos en autobús, el traía casetes dos seus clásicos favoritos e nós levabamos casetes dos Beatles… Hoxe escollemos un dos últimos temas deles denantes da súa separación en 1970, “The long and winding road”. Listen:

Os comentarios están pechados.