Navegación por
Categoría: músicas

IN MEMORIAM DE MARISA VIDAL EN ENCRUCILLADA

IN MEMORIAM DE MARISA VIDAL EN ENCRUCILLADA

A revista galega de pensamento cristián Encrucillada agromou co facho do Concilio Vaticano II. Francisco Carballo colaborou dende o malogrado núm. 0 (1974). Ao pouco do pasamento do presbítero ilustrado de Maceda (o 29 de novembro de 2014), foron aparecendo lembranzas de colaboradores salientábeis en Encrucillada. No núm. 191 (xaneiro-febreiro 2015) Marisa Vidal, Rubén Aramburu e Antón Gómez fixeron sentidas achegas. No Guieiro dese número (vol. XXXIX) imprentaba o director, Pedro Castelao, que “o pobo galego perde, coa morte de…

Ler máis Ler máis

PABLO MILANÉS E SANTIAGO DE CHILE

PABLO MILANÉS E SANTIAGO DE CHILE

Chegou ás nosas mans, logo do golpe de Estado en Chile [11 de setembro de 1973], unha casette na que se escoitaba o derradeiro discurso de Salvador Allende e o son das bombas guindadas dende os avións militares sobre o Palacio da Moeda. Logo veu a icónica cantiga de Pablo Milanés, que nos emociona hoxe coa mesma intensidade que cando a escoitamos a primeira vez:

ABRIL EN MANAGUA, 40 ANOS DESPOIS

ABRIL EN MANAGUA, 40 ANOS DESPOIS

Mergullámonos de vez na Revolución Sandinista de Nicaragua da man do doutor Celso Sánchez. Naquela altura de 1979 deixáranos unha casete do álbum musical “Guitarra Armada” [pinchar eiquí] de Carlos e Luís Mejía Godoy & Los de Palacagüina no que, dun xeito didáctico, formulaban instrucións sobre o emprego das armas curtas e dos explosivos. Podiase escoitar polas emisoras radiofónicas que estaban a prol da revolución.  A copia que fixeramos daquela casete [que aínda conservamos] escoitámola no dyane-6 a tempo case…

Ler máis Ler máis

BURT BACHARACH FOREVER

BURT BACHARACH FOREVER

Enterámonos do pasamento [con 94 anos de idade] do prolífico compositor norteamericano Burt Bacharach. Conforma dende hai moito tempo un dos parceiros que empregamos como pano de fondo pra conducir, estudar, investigar, escribir… Ás casettes cos seus éxitos máis senlleiros fixeron moitos quilómetros con nós. Vaise outro grande da nómina máis nosa. Que lle sexa leve a terra… Desta volta decantámonos por unha das máis senlleiras: “I´ll never fall in love again”. Listen:

ETERNAMENTE MILANÉS

ETERNAMENTE MILANÉS

Enterámonos onte -ao raiar o día- que Pablo Milanés [un dos grandes cantautores da nosa vida] nos deixara… Tivemos a oportunidade de escoitalo en directo varias veces [logo dalgunhas anulacións por mor da súa saúde]. Unha das memorábeis foi nunha megaactuación altruísta dun bo feixe de cantautores no Multiusos de Sar, eiquí en Compostela, a prol de NUNCA MÁIS e ao abeiro da morea de actos de dignificación, naquel histórico Nadal do 2002. Volvemos escoitalo co seu amigo Luís Emilio…

Ler máis Ler máis