Navegación por
Categoría: joao da nova

AMAZONÍA AZUL / ILHA DA TRINDADE

AMAZONÍA AZUL / ILHA DA TRINDADE

Fermoso e logradísimo vídeo pendurado en youtube pola Marinha do Brasil. Cunha duración de 1 minuto e 53 segundos, paga a pena reparar nel. Lembremos que esta illa fora descuberta polo galego João da Nova en 1501. Eis o breve texto que o acompaña e co que comeza o relato: “Você sabia que no meio do Oceano Atlântico, no caminho para a África, o Brasil possui uma ilha que é um paraíso natural, a Ilha da Trindade?”. Beizón!

A BATALHA DE TRINDADE NA GRAN GUERRA

A BATALHA DE TRINDADE NA GRAN GUERRA

Atopamos na arañeira un vídeo singularmente interesante na procura de fornecer todo o que teña que ver [directa ou indirectamente] co nauta galego João da Nova. A Batalha de Trindade foi adiante entre grandes navíos transatlánticos [cruceiros readaptados e militarizados], durante a Primeira Guerra Mundial, denominada a Gran Guerra [logo viría outra máis demoledora e máis grande…]. Sucedeu o 14 de setembro de 1914 ao abeiro do territorio marítimo do Brasil [país neutral naquel intre], máis concretamente a carón da Ilha da…

Ler máis Ler máis

ILHA DA TRINDADE NO IBGE

ILHA DA TRINDADE NO IBGE

Desta volta tiramos do IBGE, léase o Instituto Brasileiro de Geografía e Estatística, que tivo a ben pendurar esta singular fotografía da Ilha da Trindade (Estado de Espírito Santo, Vitória, Brasil), descuberta por João da Nova, o nauta vencellado coa casa nobiliaria de Maceda (Ourense, Galiza). Outrosí recuperamos o texto que a acompaña: “Localizada a 1.167 quilômetros de Vitória e a 2.400 quilômetros da África, a Ilha da Trindade é supervisionada atualmente pela Marinha Brasileira. O arquipélago pertence a uma…

Ler máis Ler máis

QUE FACER NA ILLA DE SANTA HELENA

QUE FACER NA ILLA DE SANTA HELENA

Atopamos outro vídeo en youtube [10´] abondo interesante sobre a illa que descubriu João da Nova en 1502, ao regreso do III Viaxe á India da Coroa de Portugal. Ademais de fermosas vistas aéreas, o youtuber Jeb Brooks repara con detalle na famosa Escaleira de Jacob, nas residencias de Napoleón no seu exilio derradeiro en Santa Helena, nalgunhas das rutas de sendeirismo que se poden facer e nalgunhas das vistas máis abraiantes desta singular e magnética illa. Excelente traballo audiovisual….

Ler máis Ler máis

A PRIMEIRA BATALLA DE CANANOR (INDIA)

A PRIMEIRA BATALLA DE CANANOR (INDIA)

A misión da Terceira Armada da coroa portuguesa cara a India en 1501, abandeirada polo macedán João da Nova, era comercial e de exploración. Calecute e Cananor, no Malabar indio eran os destinos iniciais pra cargar especias.  A armada de Álvares Cabral (a Segunda) fracasara no plano comercial, ao non poder asentar unha feitoría alí. Mesmo creara problemas co zamorín de Calecute, pois saíra do Kerala indio a bombazos. A Armada abandeirada por João da Nova viuse involucrada nun conflito…

Ler máis Ler máis

ENTREVISTA A F. CARBALLO EN RADIO ALLARIZ

ENTREVISTA A F. CARBALLO EN RADIO ALLARIZ

En www.ivoox.com atopamos un singular documento sonoro de Francisco Carballo; unha intensa entrevista radiofónica [e telefónica, pois el estaba fisicamente en Chan do Monte, Marín “no seu despacho”]. Fixéranlla en decembro de 2004 dende Radio Allariz. Baixo o título A doma de Galiza nos Séculos Escuros  [durante 23 minutos e 44 segundos], Francisco Carballo amosa empatía, gran capacidade de comunicación, mesmo enorme erudición e maxisterio. Fala dos Irmandiños e o desexo dunha maioría dos galegos “para conseguir unha situación menos desfavorábel diante…

Ler máis Ler máis