Navegación por
Categoría: joao da nova

JOÃO DA NOVA CONSONTE A REAL ACADEMIA DE LA HISTORIA

JOÃO DA NOVA CONSONTE A REAL ACADEMIA DE LA HISTORIA

A Real Academia de la Historia de España, tivo a ben inserir na arañeira unha entrada dedicada ao navegante vencellado coa casa nobiliaria de Maceda, léase João da Nova (Juan de Nova, Joham de Nóvoa, Xoán de Nóvoa…). Vai asinada por Carlos Sixirei Paredes: https://dbe.rah.es/biografias/52262/juan-da-nova. Imos reproducila na súa integridade [fornecida con algunhas imaxes], mesmo coa bibliografía consultada na que salientan o noso libro “João da Nova. Un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal”, Santiago Prol, 2002. Beizón!:…

Ler máis Ler máis

FLOR DE LA MAR, A LENDARIA NAO DA MARIÑA PORTUGUESA

FLOR DE LA MAR, A LENDARIA NAO DA MARIÑA PORTUGUESA

Localizamos na arañeira outro didáctico vídeo vencellado co nauta galego João da Nova, desta volta arredor da mítica nao Flor de la Mar [tamén aparece grafada Frol de la Mar]. Lembremos que a capitaneou o navegante macedán dende 1505 até 1509, ao servizo da Coroa de Portugal. Eis o texto que o acompaña: “A história da Flor de la Mar começa no início do século XVI, quando Portugal estava empenhado em expandir as suas rotas comerciais e adquirir o controlo…

Ler máis Ler máis

De Maceda ás illas Agalega: 515 anos da viaxe de João da Nova

De Maceda ás illas Agalega: 515 anos da viaxe de João da Nova

Con ese singular título, o xornal dixital PRAZA PÚBLICA penduraba un interesante traballo asinado polo xornalista David Reinero, o 18 de agosto de 2017 [pinchar eiquí]: “En setembro de 1502, hai agora 515 anos, arribaba a Lisboa o mariño João da Nova. Volvía da terceira expedición portuguesa á India, tras a primeira na que Vasco da Gama logrou superar o cabo de Boa Esperanza e a segunda na que Álvares Cabral fixo oficial a chegada lusa a Brasil. Naquela viaxe…

Ler máis Ler máis

RÚA JOÃO DA NOVA EN LISBOA

RÚA JOÃO DA NOVA EN LISBOA

Cando nos mergullamos de vez na personalidade de João da Nova [5 longos anos e agora na bitácora], non só pescudamos documentalmente a súa traxectoria, senón que procuramos ir “in situ” [e cando non, “virtualmente”] aos lugares, espazos e vestixios que puidemos atopar arredor da súa figura. Ademais do volume “João da nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal” [Santiago Prol, 2002], que tivo a ben editar o Servizo de Publicacións da Deputación Provincial de Ourense, artellamos…

Ler máis Ler máis

DOMINAR OS VENTOS DA ILHA SANTA HELENA

DOMINAR OS VENTOS DA ILHA SANTA HELENA

Seguimos recuperando vídeos moi aqueloutrados sobre Santa Helena, a illa que descubrira João da Nova en 1502. Desta volta, intertextualizando ao fabricante aeronáutico brasileiro que realizou este singular documental con logradísimas imaxes, “uma grande produção da Embraer para comemorar o sucesso da aeronave no aeroporto mais remoto do planeta”. Beizón!

ST. HELENA / THE CITY OF JAMESTOWN to LIVE, WORK & EXPLORE

ST. HELENA / THE CITY OF JAMESTOWN to LIVE, WORK & EXPLORE

A mediados de 2023, para impulsar a promoción da capital da illa que descubrira o galego João da Nova en 1502, as autoridades locais vulgarizaron un singular proxecto videográfico de 13´ 52´´. Aínda que fora atopada polo nauta vencellado á Casa nobiliaria de Maceda (Ourense, Galiza) ao servizo da Coroa de Portugal, Santa Helena non fora poboada até 1659 polos británicos. Punto estratéxico no Atlántico Sur, hogano anda polos 4.200 habitantes. Cunha temperatura duns 10ºC en inverno e duns 30ºC…

Ler máis Ler máis