AUTOBIOGRAFÍA DE FRANCISCO CARBALLO / BVG (1)
“Son de Celeirón de Asadur (Maceda – Ourense). Nacín o 8 de marzo de 1925. O cuarto de sete irmáns (catro homes e tres mulleres). Lembro a miña infancia como inocencia e xogo. Fun á escola aos cinco anos; fixen a 1ª comuñón aos seis. Montei a cabalo desde sempre porque me levaban de neno e sabía montar desde os tres anos. Era unha infancia divertida: a escola tenra; as feiras de Maceda os 4 e os 20, unha ilusión;…