CONVERSA CON XAN CARBALLA NO XORNAL EL PAÍS
Recuperamos unha das memorábeis entrevistas que lle fixo Xan Carballa (https://elpais.com/autor/xan-carballa/) . Desta volta no suplemento LUCES do xornal EL PAÍS, o venres, 29 de xuño de 2007, cando estaba a gobernar eiquí o Bipartito (BNG/PSOE). Ademais do titular “A nosa obriga é destapar os relatos falsos do poder”, Francisco Carballo aportou intencionadamente outras máximas. Dicíanos Xan que o presbítero ilustrado de Maceda escollía ben como falar a cada público: “O poder utiliza para lexitimarse verdades e falsidades e non…