Navegación por
Categoría: bitacora

AUTOBIOGRAFÍA

AUTOBIOGRAFÍA

Nacín ao pé do Xigante Durmido. Empezaba a caer a folla no outono de 1960. Daquela había moita cativada na nosa vila. Tiven unha infancia venturosa cun marco privilexiado. Sempre estabamos na rúa. As escapadas furtivas á Torre, ao río, ás cabanas, aos muiños e ás tobeiras, formaron parte da nosa paisaxe máis acesa. Tamén as mestas nevadas da invernía coa Serra de San Mamede e cos Montes do Rodicio omnipresentes. Nunha analepse espiraliforme rememoramos contos de lobos do avó…

Ler máis Ler máis

Con Pessoa en Lisboa

Con Pessoa en Lisboa

Estivemos en Lisboa un bo feixe de veces ao longo da nosa vida. Mesmo cando nos mergullamos na traxectoria de João da Nova, nunha xeira chea de motivación, achegámonos a esa cidade atlántica con máis frecuencia. Nalgúns recesos naquela pescuda fixemos máis dunha visita ao Café A Brasileira no Chiado. No exterior del asentan (dende 1988) a estatua de Pessoa. Lembramos hoxe versos del que nos marcaron: “O poeta é um fingidor.Finge tão completamenteque chega a fingir que é dora…

Ler máis Ler máis

UNDÉCIMO CABODANO DE F. CARBALLO

UNDÉCIMO CABODANO DE F. CARBALLO

Recuperamos hoxe, no undécimo cabodano do pasamento de F. Carballo, o sentido texto que asinou Rosa Cal en decembro de 2014: O sábado 29 de novembro (de 2014) morreu Francisco Carballo na residencia da Orde dos PP. Paúles da que formaba parte, en Santa Marta de Tormes, nas aforas de Salamanca capital, onde, ben tratado, enxergaba a mirada cara á súa Terra. Carballo era oriúndo de Ourense e exerceu o seu oficio relixioso varias décadas en Galiza. Coñecemos a Carballo…

Ler máis Ler máis

A GRANXA DE MEIRÁS E DONA EMILIA

A GRANXA DE MEIRÁS E DONA EMILIA

No capítulo “La Granja y el Pazo de Meirás”, Manuel Vidal (1939) revela que aquel era o lugar predilecto da condesa. Ela nacera alí e pasara  a súa primeira xuventude pululando polas súas estancias e xardíns. Gozaba dunha privilexiada posición xeográfica co arrecendo do mar e os aires da montaña. Era a mansión ideal para desenvolver traballos intelectuais e creacións literarias. Contaba daquela con cen especies de flores diferentes que ela supervisaba a cotío. Mesmo recupera un breve texto da…

Ler máis Ler máis

DONA EMILIA E O PRESBÍTERO VIDAL

DONA EMILIA E O PRESBÍTERO VIDAL

Consonte Manuel Vidal a condesa era unha muller de gran enerxía, con moito carácter e “arrestos masculinos”. Outrosí ofrecía “todos los trazos y matices del eterno femenino, desde la ternura maternal hasta la pronunciada susceptibilidad de sus nervios”. A condesa só durmía cinco horas ao día. Era unha persoa autodidacta cunha cultura enciclopédica, que mesmo abeiraba os cen libros da súa autoría publicados. A relación de Manuel Vidal coa Pardo Bazán viña de lonxe. A condesa leváballe ao presbítero ilustrado…

Ler máis Ler máis

VIDA PRINCIPESCA EN MEIRÁS

VIDA PRINCIPESCA EN MEIRÁS

Nos cinco veráns completos que Manuel Vidal (Prol: 2017) pasou na Granxa de Meirás, puido comprobar que a vida cotián dentro do pazo era moi ordenada e metódica. A cotío pululaba polo interior unha cuadrilla de operarios: “parecía en cierto modo un cenobio monástico”. Comíase e ceábase a toque de campá. Había continuamente, buligando polo pazo, amigos da condesa ou dos seus descendentes (Jaime, Blanca e Carmen), entre os que sobresaían sacerdotes, literatos, aristócratas, políticos, militares e artistas, que pasaban…

Ler máis Ler máis