CARTA EN GALEGO DO CONDE DE GONDOMAR [sec. XVII]

CARTA EN GALEGO DO CONDE DE GONDOMAR [sec. XVII]

Diego Sarmiento de Acuña, primeiro conde de Gondomar [parente dos nobiliarios de Maceda], escribiulle unha carta ao comendador Andrés de Prada, secretario de Estado da Súa Maxestade Filipe III. Esa misiva tivo repercusión en círculos filolóxicos e históricos, ao ser un dos poucos documentos redactados en galego nos Séculos Escuros. Imos intertextualizarnos: “O nobre diplomático [e conde de Gondomar] ollou na Real Chancelería de Valladolid un preito entre Xoán de Nóvoa [señor da casa de Maceda] e o abade do mosteiro de Montederramo. O manuscrito fora exhumado polo arquiveiro Manuel Murguía e [andando o tempo] contextualizado por Carbalho Calero. Fora redactado nas primeiras décadas do século XVII [un 10 de novembro]. Debemos direccionalo a un preito do século anterior. As tenencias pasaran a xurisdicións. Dende o século XIV as xurisdicións e coutos da nosa contorna estaban en constantes disputas entre eclesiásticos e nobiliarios. As Leis de Toro [1505] transformaron os morgados en institucións de dereito común. O documento do conde de Gondomar acredita o perfil autoritario do Nóvoa de Maceda [conde dende 1654]. Este nobiliario perxuraba en galego diante do xuíz [con verbas moi grosas], cando o abade de Montederramo lle dixo ao presidente do tribunal que lle amosase os documentos de posesión das terras disputadas:

Joam de Nóvoa responde ao abade de Montederramo sobre os títulos de propiedade das terras que posuía: “E eu que título hei mostrar [das terras disputadas] máis que habelas herdado de meu pai, e meu pai de meu avó, e meu avó dos nosos antepasados, que as posuíron dende que o mundo foi mundo. Vós, e San Bernaldo -que era da França- e a puta que vos pariu, que tendes que ver coa miña facenda por uns poucos papeis derrocadeiros que presentades”. [“Nobres vencellados ao Castelo de Maceda”, Santiago Prol, 2009, pp 138-139].    

Os comentarios están pechados.