MONTEDERRAMO, TAN PERTO E TAN LONXE
Aínda que o Concello de Maceda e o de Montederramo están xunguidos [e separados] pola liña divisoria da Serra de San Mamede, hogano viven relativamente distanciados. Montederramo limita con 8 concellos: ao norte Parada do Sil e A Teixeira, ao sur Vilar de Barrio e Laza, ao leste Castro Caldelas e Chandrexa de Queixa e ao oeste Xunqueira de Espadanedo e Maceda. Inserido na comarca da Terra de Caldelas, demograficamente conforma un dos paradigmáticos concellos da Galicia despoboada [como moitos…