Navegación por
Autor: sprol

DOUS EGREXIOS DE MACEDA NO PAZO DE MEIRÁS

DOUS EGREXIOS DE MACEDA NO PAZO DE MEIRÁS

O 17 de agosto deste 2025 logramos visitar Meirás. Mellor dito, puidemos ollar os exteriores da Granxa de Meirás (tal e como a definía a súa propietaria primixenia dona Emilia Pardo Bazán). Do interior só puidemos ter acceso á entrada principal coas singulares escaleiras e coas paredes cheas de vestixios de caza pendurados… Outrosí puidemos acceder á capela onde se atopan as famosas estatuas do Mestre Mateo. O resto do interior do Pazo de Meirás non logramos ollalo desta volta….

Ler máis Ler máis

F. CARBALLO NA EIRA DA XOANA

F. CARBALLO NA EIRA DA XOANA

Hai uns días o doutor Celso Sánchez, membro fundacional da Asociación Amigos de Francisco Carballo de Maceda, fixo unha visita á Eira da Xoana, “un Centro de Educación Ambiental e Patrimonial que, dende o medio rural e para o medio rural, achega a cidadanía galega á cultura e ao bo facer das nosas tradicións, retomando e divulgando os aspectos que fixeron que esta cultura fose sustentábel durante séculos” (www.adega.gal). Cóntanos Celso que a Eira da Xoana está na Agolada, moi…

Ler máis Ler máis

JOÃO DA NOVA NA OLLADA DE ANTONIO PIÑEIRO

JOÃO DA NOVA NA OLLADA DE ANTONIO PIÑEIRO

Pásanos o noso parente Moncho Blanco Prol o traballo que o activista cultural Antonio Piñeiro tivo a ben inserir no xornal La Región o 8 de setembro deste 2025, arredor de João da Nova, un ourensán universal que debemos seguir reivindicando. Mesmo ollamos con ledicia que tome como referencia a pioneira achega João da Nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal (Santiago Prol, 2002), que tivera a ben publicarnos a Deputación Provincial de Ourense, coa inestimábel axuda…

Ler máis Ler máis

25 DE XULLO DE 1971. DERRADEIRO DÍA DO APÓSTOLO DO NOSO CARDEAL

25 DE XULLO DE 1971. DERRADEIRO DÍA DO APÓSTOLO DO NOSO CARDEAL

Atopamos na arañeira outro documento, rescatado do NO-DO, no que aparece o Cardeal Quiroga Palacios celebrando o acto central do Ano Santo de 1971 [hogano Día de Santiago Apóstolo, Día de Galicia / Día da Patria Galega]. Foi o derradeiro da súa traxectoria vital [falecería o 7 de decembro dese ano]. Logo da alocución do Xefe do Estado [naquela altura Francisco Franco Bahamonde], na tradicional cerimonia da Ofrenda ao Apóstolo Santiago, o Cardeal Quiroga Palacios, entre outras consignas que xa…

Ler máis Ler máis

RIGOROSO LABOR. BENIGNO ÁLVAREZ, DETRÁS DO MITO

RIGOROSO LABOR. BENIGNO ÁLVAREZ, DETRÁS DO MITO

A escritora, crítica literaria e profesora Marga Romero (Marga do Val) imprentou unha recensión do noso libro sobre Benigno Álvarez no semanario A Nosa Terra, no verán de 2008 (PINCHAR EIQUÍ). Recuperámola na bitácora e agracedemos, de novo, as súas xenerosas verbas. Beizón!: “O historiador Santiago Prol (Maceda, 1960) achéganos o seu estudo Benigno Álvarez, un comunista na Galiza dos anos 30, dentro da colección “O Fardel da Memoria” (Edicións A Nosa Terra), que se converte na primeira biografía sobre…

Ler máis Ler máis

O NOSO CARDEAL QUIROGA; UN HOME DE ACCIÓN

O NOSO CARDEAL QUIROGA; UN HOME DE ACCIÓN

Do libriño que se fixo co gallo da “Exposición filatélica na honra do Cardeal Quiroga Palacios” (PINCHAR EIQUÍ): Castelo de Maceda, do 17 ao 25 de maio de 2008 (páx. 18-21), imprentamos unha síntese da súa traxectoria, mesmo en clave nosa: “Naceu na vila de Maceda ás cinco da tarde do 21 de xaneiro cando agromaba o século XX. Foi o sexto e derradeiro fillo do comandante do posto da Garda Civil da vila, Francisco Quiroga Álvarez e de Teresa…

Ler máis Ler máis