25 DE XULLO DE 1971. DERRADEIRO DÍA DO APÓSTOLO DO NOSO CARDEAL

25 DE XULLO DE 1971. DERRADEIRO DÍA DO APÓSTOLO DO NOSO CARDEAL

Atopamos na arañeira outro documento, rescatado do NO-DO, no que aparece o Cardeal Quiroga Palacios celebrando o acto central do Ano Santo de 1971 [hogano Día de Santiago Apóstolo, Día de Galicia / Día da Patria Galega]. Foi o derradeiro da súa traxectoria vital [falecería o 7 de decembro dese ano].

Logo da alocución do Xefe do Estado [naquela altura Francisco Franco Bahamonde], na tradicional cerimonia da Ofrenda ao Apóstolo Santiago, o Cardeal Quiroga Palacios, entre outras consignas que xa verteremos noutras achegas, disparou un misil de gran calado que resoou en toda a catedral e alén dela, pois TVE retransmitía en directo o evento para todo o Estado español:

“As miñas máis afervoadas oracións polo benestar e progreso da patria e, nomeadamente, polo desta entrañábel Galicia, que tanto necesita e tanto agarda, para que os seus numerosos fillos que están na emigración, poidan regresar aos seus fogares para ledicia das súas familias e para o axeitado desenvolvemento da nosa terra”.

NB.- Para un mellor contexto lembremos a achega do ano pasado [PINCHAR EIQUÍ]. Beizón!

Os comentarios están pechados.