10º CABODANO DO PASAMENTO DE FRANCISCO CARBALLO
A Asociación Amigos de Francisco Carballo de Maceda quere reivindicar a figura do seu fillo sobranceiro (historiador, teólogo, docente e activista), co gallo do 10º cabodano do seu falecemento.
12:00: Lugar de encontro: Cafetería Castillo (R/ As Canteiras, 1).
12:30: Biblioteca Pública Francisco Carballo de Maceda
Intervirán: Celso Sánchez (tenente alcalde de Maceda), Miguel Anxo González Ramos (familiar de Francisco Carballo), Bieito Seara (ex alcalde de Maceda) e Santiago Prol (investigador).
Proxectarase o documental ARREDOR DE NÓS. FRANCISCO CARBALLO da TVE-2 Galicia (2006), conducido pola xornalista Tareixa Navaza.
14 DE DECEMBRO DE 2024. Organiza: Asociación Amigos de Francisco Carballo. Colabora: Concello de Maceda
O xornal Nós Diario titula esta sexta feira [13/XII/2024]: “Francisco Carballo, o home que puido ser bispo e preferiu ser patriota galego”, reivindicando a dobre páxina na edición en papel a figura do fillo egrexio de Maceda [pinchar eiquí].
A Asociación de Escritores en Lingua Galega [AELG] tamén vulgarizou o cartaz [pinchar eiquí].
Outrosí a web comercioenmaceda.com [pinchar eiquí].
Graciñas mil!
Eis outro vídeo [“FRANCISCO CARBALLO, na nosa memoria”] que xa temos pendurado na bitácora co seu contexto outras veces [pinchar eiquí].
“¡Navegade a contracorrente. Hai que crear outro mundo. Galiza ten que liberarse, porque está subordinada e escravizada. Os galegos están alimentados coa mentira, coa falacia, coa indecencia… Vivimos nun mundo detestábel, pero cheo de sementes de vitoria. Ganade colaboradores. Non teñades medo ao neocapitalismo; o máis brutal da historia da humanidade. Tede esperanza!”. [Fonte: www.mgs.gal].