QUIROGA PALACIOS, O CARDEAL DINAMIZADOR EN CLAVE NOSA

QUIROGA PALACIOS, O CARDEAL DINAMIZADOR EN CLAVE NOSA

O 21 de xaneiro de 2000 cumpríase un século do nacemento de Fernando Euloxio Quiroga Palacios na vila de Maceda (Ourense). Aquel día, en todas as edicións do xornal La Voz de Galicia, apareceu imprentada unha columna de opinión da nosa autoría, que resiste ben o paso do tempo e que imos recuperar medio século despois: “Hoxe, hai cen anos, nacía Quiroga Palacios. Na convulsa etapa republicana esbozou a imaxe dun sacerdote reflexivo, incitado pola súa química co galeguismo cultural,…

Ler máis Ler máis

CARDEAL QUIROGA PALACIOS NO NO-DO, 1953

CARDEAL QUIROGA PALACIOS NO NO-DO, 1953

No NO-DO 526B, de 2 de febrero de 1953, podemos visualizar unha agarimosa benvida en Santiago de Compostela ao recén nomeado cardeal, don Fernando Quiroga Palacios, orixinario de Maceda (Ourense). Rescatámolo outra volta fornecido coas verbas do xornalista compostelán Diego Bernal López, no traballo monográfico que fixo sobre el (Xunta de Galicia, 1996): “En Compostela durante vinte e dous anos case todo foi obra do Cardeal Quiroga. Os galegos e os santiagueses transformárono nun mito de poder e gloria. Das…

Ler máis Ler máis

A TERRÍBEL ILLA PRISIÓN DO ATLÁNTICO

A TERRÍBEL ILLA PRISIÓN DO ATLÁNTICO

Outro singular vídeo complementa ao anterior nesta versión brasileira. Mergúllanos outra volta na Illa Santa Helena descuberta por João da Nova en 1502, ao regreso da Terceira Expedición á India ao servizo da Coroa de Portugal [Prol: 2002, pinchar eiquí]. Illa estratéxica no Atlántico Sur para as expedicións portuguesas. Andando o tempo, xa vencellada ao Imperio Británico, foi empregada como cárcere de salientábeis persoeiros históricos, con Napoleón Bonaparte á cabeza.

A ILLA SANTA HELENA, PRISIÓN PERFECTA PARA NAPOLEÓN?

A ILLA SANTA HELENA, PRISIÓN PERFECTA PARA NAPOLEÓN?

Desta volta atopamos na arañeira outro recente vídeo [7 minutos e 40 segundos] vencellado con João da Nova, o galego máis relevante do século XVI, orixinario de Maceda (Ourense, Galiza). Eis o texto que o acompaña: Você sabia que existe uma ilha tão remota e isolada que foi usada para aprisionar alguns dos líderes mais famosos da história, incluindo Napoleão Bonaparte? Localizada no meio do Oceano Atlântico, a Ilha de Santa Helena se tornou uma prisão perfeita para quem os…

Ler máis Ler máis

MACEDA EN INVERNO. Ramón Caride

MACEDA EN INVERNO. Ramón Caride

Pásanos Moncho Caride o poemario Diacrónica (Editorial Juglar, 2025), no que recupera un bo feixe de composicións imprentadas en incursións de 2006 (As máscaras de Cronos) e 2009 (Criptografías). Desta volta nunha edición bilingüe (coa “axuda” do seu heterónimo / tradutor -ao castelán-  Darío Gancedo). Como Moncho Caride é fillo adoptivo de Maceda dende hai case medio século (só falta que o recoñezan institucionalmente), imos pendurar o poema que titulou MACEDA EN INVERNO, que tivo a ben dedicarnos e que…

Ler máis Ler máis

JOÃO DA NOVA NA SERIE GRANDES EXPEDIÇÕES

JOÃO DA NOVA NA SERIE GRANDES EXPEDIÇÕES

Atopamos en “youtube”, na serie documental portuguesa Grandes Expedições, un interesante monográfico [de 8 minutos e medio] dedicado á traxectoria vital de João da Nova, o galego máis relevante do século XVI, orixinario de Maceda (Ourense, Galiza) [Prol: 2002 / pinchar eiquí]. Eis o breve texto que penduraron deste didáctico documento audiovisual: “João da Nova, foi um explorador galego, a serviço de Manuel I de Portugal. Deu o seu nome a uma pequena ilha no Canal de Moçambique, a ilha…

Ler máis Ler máis